Seminario Educación Canina con ‘Arco da Vella’

O próximo Domingo 14 De Febreiro a Protectora 'Arco da Vella' de Ferrol organiza un Seminario de Educación Canina que impartirá Só lles falta falar a cargo de María Sabell,Especialista en Conducta Animal, e que estará orientada a os propietarios de galgos, raza de can que conta con moitos abandonos e  á que está axudando e buscandolles fogar Arco da Vella.

Se non tedes galgo, non vos preocupedes, os contidos e información pódese aplicar tamén ás outras razas.Como os galgos que se adoptan veñen con moitos medos e problemas debido ao abandono e maltrato na maioría dos casos, o fin de este seminario é dotar aos propietarios de máis coñecementos para axudar aos seus cans a eliminar eses medos, evitar que se escape, en definitiva, mellorar a calidade de vida dos cans e a nosa tamén.

Panfleto informativo : Seminario de Educación Canina

Para asistir, ponte en contacto con Arco da Vella e se eres socio de Só lles falta falar, ponte en contacto connosco.

Tedes toda a iformación no cartel adxunto.

A comida custa 15€ por persoa, pero se asiste máis de unha persoa por fogar o prezo será de 8€ por persoa.

Prazas limitadas.

Seminario Arco da Vella

Nota: Pódese asistir co can, coma xa sabedes, sempre e cando poida gardar quietude e non interfira na charla.

7 Responses

  1. Anónimo
    Dama e Rubió tamen van
  2. pablofreire
    Ola a todos, o Domingo sobre as 8:30 quedaremos no Hipercor para sair para Ferrol. É unha boa oportunidade de seguir aprendendo de comportamento canino, cousa que nos fai moita falta a todos e por riba un día enteiro sen custe para os socios.¨ O Venres cerramos inscripción.
  3. Eduardo
    Nos vamos
  4. Anónimo
    Pepa ten grastroenteritis, si recupera vai.
  5. Anónimo
    piroco e nordes van a ferrol directamente
  6. Anónimo
    Sintimolo, pero o final non vamos.
    • pablofreire
      Moi ben, pero necesito saber quen eres para saber quen é o que non ven.

Leave a comment

*