Cando tes un can de familia debidamente educado e socializado con catro cousiñas máis de aprendizaxe e o teu interese por prestar axuda en voluntariado podes ter un can que veña ás visitas escolares, ás intervencións de terapia asistida con cans, á aula de perderlle o medo aos cans e a un montón de cousas máis.
No Club seguimos protocolos estándar europeos para a documentación dos cans; test de carácter apto e nivel suficiente de obediencia, sanitariamente en regra e listo.
A especialista en conduta animal sempre está presente nas intervencións, non deixamos nada ao azar.
Se non tes can e queres acompañarnos, contacta con nós: as túas mans serán útiles, as túas ideas e a túa presenza impagable: VOLUNTARIADO.