Obxectivos

A razón que levou á creación de 'Só lles falta falar' foi a consecución dun sistema equivalente ao "Good Neighbours", "Bo Cidadán Canino".

Este é o obxetivo primeiro ao que tentamos chegar: os cans debidamente educados e socializados poderán acceder ao transporte público e ao resto dos espazos públicos.

Algunhas persoas dedicamos moito tempo, recursos económicos e participamos en voluntariado para conseguir este obxetivo.

Queremos suliñar o feito de que os mesmos cans que pasan unha mañá nunha gardería infantil teñen que ir pola rúa presos e coa boca pechada, non é razoable.