A tenza responsable inclúe: afecto, tempo de dedicación, sanidade, manutención e educación.
Nós promovemos todo conxunto, propoñemos aulas de educación nos concellos e divulgamos unha tenza responsable que inclúe a educación como base para a nosa petición : "Good Neighbours"
A educación é todo: saúde, coñecemento, e nós pedimos que ademais sexa en liberdade.
Por iso sempre se entende a educación como aprendizaxe en positivo, polo que neste proceso débese contar con axuda profesional que sexa debidamente cualificada e certificada pola Xunta de Galicia.