Tódolos cans funcionan co nariz, todos entenden o mundo dende o punto de vista do olfato.
O único que fai a persoa que quere que o seu can rastrexe, o que se lle pide ao can é aprender ese simple mecanismo de comunicación: busca algo que cheire igual que esto que che poño diante.
Tódalas persoas que teñen un can rastrexador coinciden en que os seus paseos e as súas saídas son máis enriquecedoras con coñecemento do seu can.
No grupo de rastrexadores do Club hai outro punto en común difícil de superar: cando alguén nos pide axuda para buscar o seu can perdido e o atopamos; esa satisfacción non se paga con cartos.
Horas entrenando? Pagou a pena con creces, satisfacción total.
Aprenderlle ao teu can a rastrexar o que lle pides é un dos procesos de comunicación cos cans máis altos: confiar nel, no seu nariz, porque habitualmente (por non dicir sempre) o can vai ter razón.
Promovemos que se lle ensine aos cans sen presión, con calma, e seguindo o método amable dos rastrexadores profesionais.