Cans Aquí Sí

"Cans aquí, sí!" é una iniciativa do Club Só Lles Falta Falar de identificación dos establecementos aos que podemos entrar co noso can.

Como establece a lei de benestar protección e benestar dos animais de compañía en Galicia ( Lei 4_2017 3 outubro protección e benestar dos animais de compañía en Galicia ) no seu artigo 9.k, a entrada e permanencia dos animais queda ao criterio dos propietarios dos mesmos para o cal deberán mostar un distintivo que o indique nun lugar visible á entrada do establecemento.

Se tes un bar, restaurante, hotel, ferretería, libraría, farmacia, etc... ou coñeces algún local donde os cans non teñan que quedar na porta e queres recibir o noso distintivo, envíanos un correo e enviarémoscho gratuítamente.

Só lles falta falar garantiza que os establecementos que aquí figuran admiten REALMENTE a entrada de cans, e cando dicimos "cans" referímonos a todo tipo de tamaños e razas. Non valen medias tintas: como por exemplo: "na terraza do fondo si, pero dentro do restaurante non", "si poden entrar, pero sólo cans pequenos", "si poden entrar, pero se hai moita xente non", "no hotel admitimos cans agás os potencialmente perigosos"

Dende o noso punto de vista o único motivo para facer distinción é o comportamento, non a raza nin o tamaño.

Coa túa colaboración para integrar aos cans na sociedade iremos facendo grande esta pequena lista.

A continuación atoparás un listado dos establecementos que xa se uniron ao novo xeito de convivencia de "Cans Aquí Si":

ALOXAMENTOS      BARES E RESTAURANTES       OUTROS LOCAIS