Historia

O Club de cans de familia “Só lles falta falar” nace no ano 2008 coa finalidade de fomentar a tenza responsable de cans e a súa plena integración na sociedade.

Con este obxetivo organiza actividades coma roteiros por diferentes lugares, charlas formativas ou visitas ós centros nos que os cans desenvolven unha función de soporte terapeútico.

“Só  lles falta falar” avoga para que as distintas administracións habiliten o tan desexado distintivo “disco verde”,  ou tamén chamado “good neighbours” existente noutros países da nosa contorna, que identifique os cans que estén debidadmente socializados o que implicaría unha serie de “privilexios” para os mesmos (acceso ós edificios públicos, medios de transporte público, etc…), o que significaría  o poder convivir con plena liberdade na nosa sociedade.

Con todo isto, “Só lles falta falar” quere demostrar que:

Outro modelo de convivencia é posible!!