Dende os inicios consideramos que nos apetecía saír cos cans a pasar o día todos xuntos, sen molestar a ninguén. Así, comezamos a saír cada 2 ou 3 domingos cara algún sitio bonito, un paseiño entre 8 e 12 km.
Con esta simpleza conseguiuse unha das marcas de calidade do Club: todo o mundo cabe, son domingos para tódalas persoas para disfrutar do día, da contorna, dos cans, da compaña é do bo xantar.
Vivimos nunha contorna natural privilexiada e saímos a coñecela na compaña dunhas 25-30 persoas e doutros tantos cans.
Para garantir que non haxa ningún problema entre os cans, nin que estes causen ningún contratempo a ninguén, sempre nos acompaña un especialista en conduta animal, seguimos as súas indicacións e todos voltamos á casa sen sustos.
As andainas sempre se preparan con antelación, alguén as propón e as recorre para guiarnos despois.
O Club non compite, os domingos imos ao monte a pasear e a comer todos xuntos unhas empanadas e compartir as nosas inquedanzas caninas.