Correcán 2017

O próximo domingo 7 de maio, os membros de Só lles falta falar participaremos no 2ª Correcán que organiza a asociación ‘Can Coruña’

O fin da actividade é recaudar fondos para as protectoras da zona (Apadán, Protectora de Carballo,…..)

A inscripción témola que facer de forma individual a través da páxina : http://www.carreirasgalegas.com/  (calendario/II correcán solidario coruña 2017/inscribirme en andaina/

Pasos a seguir:

  • Inscripción na modalidade de andaina (3km)
  • No apartado de grupo/asociación poñeremos: Só lles falta falar
  • Apuntarse no blog para organizarnos.
  • Límite: ata o xoves 4 ás 00:00hrs
  • Imprescindible: levar o pasaporte do can para a recollida de dorsais.
  • A inscripción é por persoa, ainda que 2-3-4-…. persoas leven un só can.
  • Prezo : 5,00€

Correcan2017

Só quedan 230 prazas.

Os que teñades que inscribir máis de 1 can por persoa inscribides 1 e despois enviades os datos dos seguintes cans a : ‘[email protected]’ ( adxunto imaxe, a dirección que me deron eles de ‘[email protected]’ non é válida)

neste enlace tedes o exemplo de como fixen eu

Inscripción 2º can

Información e normativa da proba:

Reglamento II Correcan Solidario Cancoruña 2017

 

 

Fin de semana-Fonsagrada Abril 2017

Despois de dous anos e medio, este venres 28 de Abril voltamos á Casa da Bastida, no pobo do mesmo nome, A Bastida-Concello da Fonsagrada. Web da casa: http://www.casadabastida.com/index.html

E como este luns é 1 de maio, festivo, os que queiramos poderémonos quedar 1 noite máis.

Para os roteiros temos preparado o seguinte:

Sábado: Ruta ‘Os Pintores’: http://www.afonsagrada.org/pdis/ruta-os-pintores

Domingo: dúas opcións

Opción 1: ‘Seimeira’ (http://www.afonsagrada.org/pdis/ruta-cascada-de-vilagocende) + ‘Forno do Bolo’ (http://www.afonsagrada.org/pdis/ruta-forno-do-bolo)

Opción 2: Ruta de ‘Castañoso’ : http://www.afonsagrada.org/pdis/ruta-de-castanoso

luns: Ruta ‘O Rellouso’ : http://www.afonsagrada.org/pdis/ruta-o-rellouso

Como cada actividade de fin de semana tamén teremos a parte educativa.O domingo pola tarde María Sabell falaranos sobre un concepto cotidiano que nos afecta a todos na convivencia cos nosos cans : “O estrés na vida diaria”

A través do blog organizaremos a viaxe e o que levamos de comer para ter variedade.

ruta Forno do Bolo_A Fonsagrada

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Organizarémonos a través do blog.
  • Hora de saída:
    • Non hai, cada quen sairá según o horario que teña disponible.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o xoves 27 de Abril.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información na web do club.

Dexo-Serantes(Praia Canabal)-Oleiros

O seguinte roteiro que nos espera será no Concello de Oleiros.Gracias á nosa compañeira Marisa que preparou esta ruta e polo cal, acercarémonos á parte norte de Galicia.

O punto de inicio será no Porto de Dexo (de donde vos deixamos o enlace do navegador) e iremos ata Serantes. Será dunha distancia de 10km e da paisaxe non vou dicir nada, sólo hai que ver a foto.

Porto de Dexo_Oleiros

https://www.google.com/maps/place/Porto+de+Dexo/@43.3991974,-8.3294752,17.25z/data=!4m5!3m4!1s0xd2e7a17cd9141a1:0x474e06bfd67b675!8m2!3d43.3990224!4d-8.3300028?hl=es

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 7 de abril.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

Xornada Saúde(Fademga)/Atención Temprana (Aspanaes)

O próximo venres 7 de abril, a asociación FADEMGA (Federación Galega de Asociacións en favor das persoas con discapacidade intelectual) celebra a xornada “Plena Saúde”.

Só lles falta falar, cos seus cans de soporte terapéutico tamén colaborá na actividade de “Móvete en Compañía, Activide asistida con cans”.

Estaremos de 16:00 a 17:30 hrs axudando aos usuarios nunha tarefa principalmente de soporte físico.

Lugar: Casa das asociacións (edificio Cabes), Salgueiriños-Santiago de Compostela

No seguinte enlace teredes toda a información:

xornada saúde

______________________________

Ademáis desta actividade, como ben sabedes, Só lles falta falar realiza tódolos venres a súa actividade de soporte terapéutico cons nenos de Aspanaes (asociación de pais de nenos con trastorno do espectro autista).

Pois este venres 7 de abril a actividade será no centro de Atención temprana da asociación no Edifico “Duques de Lugo” en Lamas de Abade Santiago de Compostela.

A actividade dará comezo ás 18:00hrs.

______

Tódolos socios que queirades participar, poñédevos en contacto connosco en : [email protected]

 

 

Roteiro Subcira a Illas de Gres

Este domingo repetimos no Concello de Boqueixón pero non de ruta.O noso percorrido será por Subcira e Ponte Ledesma ao largo do río Ulla.

Distancia duns 9 km de dificultade baixa.

Illas de Gres_boqueixón

Podedes encontrar máis información sobre a ruta no seguinte enlace do wikiloc:

https://www.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=16723826

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 17 de marzo.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

Nerd Nite 14 marzo 2017

O martes 14 de marzo, a nosa especialista en conduta animal, María Sabell Sierra, será a encargada de inagurar a Nerd Nite de marzo con un tema moi interesante que leva por título : “Por que o home atopou ao can?”

A cita será ás 21:30 no CGAC ( Centro Galego de Arte Contemporánea).

En cada NerdNite falarán tres NERDS ou NERDINES (elixidos con paixón) sobre o seu traballo/pasatempo/tolemia/capricho ou pensamentos inconfesables, en charlas de aproximadamente 15/25 min. Logo haberá tempo para preguntas, para charlar e, por suposto, para tomar unha(s) copa(s)…

cartel_marzo_2017_formatoimaxe

Podedes atopar máis información sobre estos eventos en:

https://santiagodecompostela.nerdnite.com/

https://www.facebook.com/NerdNiteSCQ/

nerd-nite-cartel-14-marzo-2017

Castro de Gastrar – Boqueixón

Este domingo 5 de marzo o noso roteiro será pola parroquia de Gastrar, no Concello de Boqueixón.

Lugar donde a parte do bonito do percorrido, tamén visitaremos o castro que se ubica no val que percorre o río Sanguiñeira.

A distancia será duns 9km e unha dificultade media-baixa.

castro-de-gastrar_boqueixoon

Podedes atopar máis información da ruta nestes dous enlaces:

https://www.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=16564462#

Castro de Gastrar

Recordarvos que a próxima saída será o domingo 19 de marzo.

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 3 de marzo.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

 

Saída por Sabucedo-A Estrada

Este domingo 12 de febreiro iremos ao concello da Estrada, concretamente aos arredores de Sabucedo a rapar unhas bestas, bueno, é broma, ese traballo deixarémosllo aos profesionais para o mes de xullo.

O noso cometido será pasar un día agradable cos cans e disfrutar das fermosas paraxes.

Este é o enlace da ruta, ainda que non será tan larga, está modificada para unha distancia de 10 km aproximadamente : https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=16042739

sabucedo_a-estrada

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 10 de febreiro.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

Candidatura

Estimados/as socios/as,

a única candidatura presentada para a asemblea do próximo mércores 1 de febreiro é a seguinte:

PRESIDENTE: DAVID KLEVE

VICEPRESIDENTE: ANU HELENA PITKANEN

SECRETARIO: PABLO FREIRE NOGAREDA

TESOUREIRO: ROBERTO FREIRE HERNANDO

Vémonos na asemblea!!

Ruta por Codeseda_ A Estrada

Estreámolo ano visitando as paraxes de Codeseda, no Concello da Estrada.

A ruta será circular e de dificultade baixa-media, completaremos unha distancia de 10-11km para máis tarde comer nos arredores da zona.

ruta-codeseda_a-estrada

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 27 de xaneiro.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.