Comezamos o novo curso 2017/18 polas ribeiras do tambre no Concello de Negreira.
Será o próximo domingo 17 de setembro. O roteiro será circular dunha distancia de 8km aproximadamente.
Encontrarás máis detalles no seguinte enlace:
https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=3676062
Organización da saída:
Punto de encontro:
Hipercor de Santiago – porta principal
Hora de saída:
Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
Data límite: ata o venres 15 de setembro.
____________________________________________
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información na web do club.
Este domingo 27 de agosto visitaremos o Concello de Lousame ao lado de Noia.
A ruta será por Traba, duns 6-7 km apróximadamente. Podedes encontrar máis información da mesma no seguinte enlace:
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=4963350
O que cambia con respecto a esta publicada en wikiloc, é que esta vez farémola de ida e volta variando un pouco a ruta.
Organización da saída:
Punto de encontro:
Hipercor de Santiago – porta principal
Hora de saída:
Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
Data límite: ata o venres 25 de agosto.
____________________________________________
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información na web do club.
Como ben sabedes, os principios da nosa asociación son promover a educación, a tenza responsable e conseguir unha total integración dos cans na sociedade.
E para conseguir esa integración, todo pasa por poder desprazarse e moverse polas nosas cidades, en definitiva, poder realizar co noso can unha vida con total normalidade.
Co distintivo do bo cidadán canino, garantimos que os cans que o obtiveran esta certificación están preparados e son aptos para entrar en calquer edificio público e utilizar o transporte público, tanto o bus como o tren. Cantos de nós deixariamos de utilizar o noso coche particular se nos poideramos desprazar en coche ou no tren?
Non é unha cousa obrigatoria, o que decidira sacalo, beneficiaríase das súas vantaxes e o que non pois seguiría como ate agora. Ademáis, esta medida sería unha fonte de ingresos para a administración, xa que para facer o exame pagaríase unha tasa e habería unhas renovacións cada certos anos.
Este é o enlace do artigo que nos fixo a Voz de Galicia falando da iniciativa do Bo Cidadán Canino e de outras actividades que realizamos en Só lles falta falar.
Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
Data límite: ata o venres 21 de xullo.
____________________________________________
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información na web do club.
Rexístrate. Se xa estabas rexistrado do ano pasado, entra o teu nome de usuario e contrasinal. Se non o recordas os datos envía un correo a [email protected] co teu nome e dni e eles enviaranche o teu nome de usuario para que poidas crear un contrasinal novo.
Entra na proposta que desexes apoiar e pincha en “apoiar proposta”
O prazo para dar o apoio remata o luns 31 de xullo ás 23:59
Grazas ao teu apoio poderemos seguir demostrando que:
O fin de semana do 15-16 de xullo, Só lles falta falar organiza un curso de rastro que será impartido por María Sabell, Especialista en Conducta Animal.
O curso é apto para tódolos cans, independientemente de se xa rastrexaran algunha vez ou non.
Combinaremos a parte práctica en zonas urbanas e de monte.
Sábado: Comezo do curso en zona urbana de parque.
Domingo: Desprazarémonos a zona de monte, donde se poderán realizar pistas de máis longa distancia.
Aquí vos queda o enlace donde teredes toda a información detallada de como se impartirá o curso.
Calqueira dúbida que teñades sobre o mesmo, podedes chamar ao 651352534 ou mandar un correo electrónico a [email protected].
O próximo domingo 9 de xullo iremos ao Concello de Noia.Será un tramo lineal duns 8 km (ida e volta) que partirá da Central Hidroeléctrica do Tambre, que é tamén o punto para comer, disfrutaremos do entorno da devesa de Nimo unha fraga que se extende ao longo do Río Tambre.
Avanzamos que a próxima saída será o 23 de xullo en Lugo.Faremos o roteiro de ísua – Seivane.
Organización da saída:
Puntos de encontro:
10:00 diante do Hipercor de Santiago.
Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
Data límite: ata o venres 7 de xullo.
____________________________________________
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.
Este domingo 25 de xuño o roterio discorrerá polo Concello de Lousame.
E con este calor, a mellor opción é rodearse de auga e sombra, polo que percorreremos as ribeiras dos ríos Vilacoba e San Xusto.
Se vos queredes bañar teremos sitio habilitado, así que preparade o traxe de baño.
A lonxitude será duns 10 km e dificultade media-baixa.
Organización da saída:
Punto de encontro:
Hipercor de Santiago – porta principal
Hora de saída:
Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
Data límite: ata o venres 23 de xuño.
____________________________________________
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información na web do club.
O próximo domingo 11 de xuño ímonos de ruta por terras de Brión, Rois e Teo.
A ruta, que é circular duns 10km e practicamente cha, comeza nunha pequena área recreativa (onde podemos xantar) preto do Pazo do Faramello e a aldea Angueira de Castro. Pasaremos a carón do río Tinto e camiñaremos un anaco do camiño de Santiago portugués ata a carballeira do Faramello ( onde hai un magnífico cruceiro gótico) Pasaremos pola ponte que cruza o río Tinto (Ponte de Moros ou de Paradela), de feitura romana, probablemente construído na Idade Media.
Subiremos a un pequeno monte con fermosas vistas do Val da Mahía (non é moita subida) Dende alí á carballeira de Santa Arandel e de volta pola aldea de Xinzo e Angueira de Castro ( unha aldea preciosa! sen feísmo!)
Sobre o Castro: ( que desgraciadamente non se pode ver, xa que está sen rozar e non se pode chegar )
… conta a lenda xacobea medieval que era aquí onde tiña a sua residencia a Raiña Lupa cando os discípulos do Apóstolo Santiago trouxeron a enterrar os seus restos a Galicia. Hoxe en día pode verse dentro do recinto do castro, capital da tribo dos Amaeos, restos de muros, a maior parte posiblemente medievais, entre os que destacamos unha construción rectangular de case 70 metros de longo por uns 40 de ancho. Recentemente foi declarado Ben de Interese Cultural.
Podedes encontrar máis información no seguinte enlace: https://gl.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=5700632 Ler máis
Este domingo 28 de maio repetiremos no Concello de Boqueixón. Concretamente en Subcira ao longo do río Ulla.
O roteiro será semicircular e dunha lonxitude de 10 km.
Podes encontrar máis información sobre a ruta no seguinte enlace: https://www.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=9699816
Organización da saída:
Punto de encontro:
Hipercor de Santiago – porta principal
Hora de saída:
Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
Data límite: ata o venres 26 de maio.