Saída por Sabucedo-A Estrada

Este domingo 12 de febreiro iremos ao concello da Estrada, concretamente aos arredores de Sabucedo a rapar unhas bestas, bueno, é broma, ese traballo deixarémosllo aos profesionais para o mes de xullo.

O noso cometido será pasar un día agradable cos cans e disfrutar das fermosas paraxes.

Este é o enlace da ruta, ainda que non será tan larga, está modificada para unha distancia de 10 km aproximadamente : https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=16042739

sabucedo_a-estrada

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 10 de febreiro.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

17 comentarios

  1. Katia & Co. levarei invitados ( unha roditian, un sharpei chino e unha caniche, que son de dous humanos) xa falei con María. Graciñas! Un saúdo

  2. Para os que vaian directos ao punto de inicio é memo no curro de Sabucedo donde rapan as bestas.Hai un merendeiro alí.
    Para chegar hai que ir á Estrada
    > Carretera EP -7001 que vai a Forcarei
    > dende a Estrada a 12 km aprox. hai que coller cruce á dereita.Está indicado ‘Sabucedo’
    > E na PO-7102 , en 2 Km aprox xa se chega ao curro.

  3. Ah, e poñédevos guapos porque se acaba de por en contacto con nós unha xornalista do Faro de Vigo e vaionos facer unha reportaxe e teremos fotógrafo profesional.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *