O martes 14 de marzo, a nosa especialista en conduta animal, María Sabell Sierra, será a encargada de inagurar a Nerd Nite de marzo con un tema moi interesante que leva por título : “Por que o home atopou ao can?”
A cita será ás 21:30 no CGAC ( Centro Galego de Arte Contemporánea).
En cada NerdNite falarán tres NERDS ou NERDINES (elixidos con paixón) sobre o seu traballo/pasatempo/tolemia/capricho ou pensamentos inconfesables, en charlas de aproximadamente 15/25 min. Logo haberá tempo para preguntas, para charlar e, por suposto, para tomar unha(s) copa(s)…

Podedes atopar máis información sobre estos eventos en:
https://santiagodecompostela.nerdnite.com/
https://www.facebook.com/NerdNiteSCQ/
