Nesta categoría atoparás artigos que xiran ó redor dos temas que o club ten como obxectivo: o disco verde, educación en positivo…

Razas de Laboratorio

         Calquera raza de calquera especie domesticada é una raza de laboratorio. Na biosfera, de xeito natural non existen as razas.

De qué falamos cando dicimos razas de laboratorio?

Pois non estou segura, penso que ten relación con explicacións “caseiras” sobre o comportamento dos cans, e que estas explicacións veñen da falta de coñecemento e de manexo.

É unha distinción natural?

Pois non o sei, coido que cando unha raza é antiga e xeográficamente recoñecible, considérase “natural”, pola contra, se é máis moderna, considérase máis de laboratorio.

 É antes ou despois da euxénese vitoriana?

As virtudes e defectos de calquera raza máis descoñecida, aparecen reflectidas en escritos moi anteriores á época vitoriana. A euxénese só lle dou un verniz de ciencia ao que sempre foi consideración da xente.

Aplícase a tódolos cans ou só ás últimas modas?

Coido que se aplicou sempre, considerar como “bo” o propio, e o “malo” o que ven de fóra. Aínda que, no caso dos cans isto ten moitas excepcións, os cans da zona eran un regalo exquisito entre as xentes ricas, e así acababan chegando razas a distintos lugares xeográficos.

Un mastín de traballo é máis ou menos de laboratorio que un Mini Pinscher?

Exactamente o mesmo, a diferencia viría dada pola calidade xenética do mastín, en canto á ausencia de enfermidades.

 É máis de laboratorio a selección por estándar físico ou por funcionalidade e carácter?

 Ningún can está exento da selección humana. Os cans da rúa que se reproducen segundo un criterio máis natural teñen a carga xenética da domesticación e aínda que leven xeracións de libre reprodución non son lobos.

María Sabell Sierra

Especialista en conduta animal

Obedecen os cans de caza? Poden ser cans de familia?

As respostas son si e si, pero… que a convivencia cun can de caza sexa gratificante na vida ordinaria implica darlle a ese can o que necesita: exercicio físico e traballo de nariz. E se non fas ben as dúas cousas non disfrutarás do can e ese can non terá calidade de vida.

Canto máis preto está un can da xenética seleccionada para unha función, mellor fará esa función. No caso dos cans de caza esto implica recoller una xenética funcional en primeira ou segunda xeración e a ese can hai que convertilo en can de familia, que é un oficio esixente e ás veces incompatible con moitas das características seleccionadas xenéticamente para o oficio da caza.

Hai exemplos de cans de caza convertidos en cans de familia segundo a demanda da moda. O  Retriever, Setter ou Beagle son algúns exemplos de tipos de cans que poden ser para calquera sen maiores necesidades, adaptados a non facer nada pola selección desde varias xeracións anteriores.

Ainda así, ás veces aparecen exemplares mais próximos aos seus avós. Aquí e donde aparecen eses problemas de convivencia, e como é máis doado botarlle a culpa ao can fácilmente, chegáse a conclusión de que o can non serve para estar na casa, non se pode educar, non vai a aprender… e esto non é así.

Unha tenza responsable dun can de traballo implica que hai que ser un bo guía dese can: Aprende a manexalo.

María Sabell

Especialista en Conducta Animal

Meter un can na casa: azar ou Test de Carácter-Consultorio

No directo de hoxe Mércores, María Sabell explicaranos as ventaxas que ten realizar un Test de carácter antes de meter un can na casa. Recordamos que tamén será consultorio donde podedes resolver tódalas vosas dúbidas.

Será ás 18:00hrs.

Para asitir preme no seguinte enlace:

https://m.facebook.com/events/s/meter-un-perro-en-casa-azar-o-/725542037985540/

Lupa

 

 

Aumentou a agresividade? Volver a quedar na casa solo

Mañá mércores ás 18:00 hrs teremos un novo directo e Consultorio Canino.

María Sabell falará da agresividade e dos cambios que se poden dar nesta nova etapa volver a saír da casa.

Tamén responderá a tódalas vosas preguntas.

Para asistir, preme no seguinte enlace:

https://m.facebook.com/events/s/consultorio-aumento-la-agresiv/230403765055582/

DSC_0900

 

Por qué “funciona” , no confinamento, ensinarlle cousas?

O próximo mércores 29 de abril ás 18:00 hrs terá lugar outro directo no Facebook:

“Por qué ‘funciona’, no confinamento, ensinarlle cousas?

María Sabell falará dos beneficios de aprenderlle cousas aos cans e respostará as preguntas que lle plantexedes.

Este é o enlace que debedes premer para asistir: https://m.facebook.com/events/s/respostas-para-o-confinamiento/450613669095129/

Confinamento co meu can

 

Periodo de confinamento co meu can

Qué podo facer para que non se resinta a saúde mental do can neste periodo?
Cómo podo evitar problemas despois? Por exemplo, ansiedade por separación.
Estas son as preguntas da maioría das consultas nestas semanas.Por suposto a receita é individual, pero ata agora aparecen as seguintes respostas en común:

– Evitar a sobreestimulación.
– Deixalo durmir. Non lle fales e non lle toques constantemente.
– Continua as rutinas horarias o máis posible.

Ante isto xorde a seguinte pregunta, qué podo facer co can durante o confinamiento se non pode saír a desafogarse fora?. A resposta vai ir en función do que facías antes e de que can tes, recordando sempre que un can non é o espazo onde vive, senón o tempo de dedicación.
Os puntos en común para responder a esta pregunta pódense dividir en dous tipos de casos básicos:

O primeiro é o caso do can con pouco estimulo cognitivo previo ao confinamiento. A solución neste caso é moi simple: calquera cousa que lle ensines ao can vaino a deixar esgotado.

Aquí é válido tirar de calquera cousa que se pode ver en Internet. A ejecución do can será mellor ou peor, cometerás mais ou menos erros, pero o obxectivo é cansar ao can, e nada cansa máis a un can que “marearlo”. Bromas a parte, cada día sairavos mellor e pasardes un bo intre e ata é posible que che acabe gustando ensinarlle cousas ao can e che apeteza ter un can máis funcional. Si é así perfecto, nada nos gusta máis que os cans que funcionan como cans.

O segundo caso, é o do can que vive habitualmente sobreestimulado cando está coa persoa. Isto é máis complexo, aquí temos que poñernos técnicos: aprendizaxe de anticipación, feed back, reactividade a estímulos externos alta é unha combinatoria que pode ser moi irritante en situación de confinamiento.

Solucións: imposible ningunha receita xeral. Tiven catro consultas así en dous días e cada familia levou a súa receita. Só atopei un punto en común: todos tiñan rutinas horarias. Ao rompelas e non poder satisfacer a anticipación, o nivel de stress subiu polas nubes.

As receitas individuais tardaron ata 72 horas en facer efecto. Algúns xa probaran solucións xerais sacadas de Internet, en todos os casos foron contraproducentes. Qué podemos sacar en conclusión? Aos cans funcionales non lles pasa nada, a capacidade de adaptación é un trazo xenético determinante na estratexia de supervivencia dos cans. Ademais temos tempo,que é o que nos adoita faltar para adestrar aos cans, pois podemos empregalo como os profesionais. Animo a todos a ter cans funcionales. Isto equivale a ter cans en perfecto estado de saúde emocional.

María Sabell Sierra
Especialista en Conducta Animal

Confinamento Coronavirus co can

_____________________

Podedes utilizar os comentarios do Blog para facerlle consultas a María. Tanto sobre os temas que se tratan neste artigo como doutros diferentes. Responderavos persoalmente para que nestes días de pasar tantas horas pechados na casa, a a convivencia e a saúde do noso can sexa a mellor posible.

 

Qué pasa se os cans comen carne crúa?

 

Nada, excepto que lles pasa a fame do día.

Os cánidos son biolóxicamente, zoolóxicamente carnívoros.

Os cans levan 40.000 anos, ou máis, cos humanos, aproveitámonos da súa capacidade cazadora para comer carne e eles comezaron a comer hidratos de carbono cando non había outra cousa mellor.

A domesticación supuxo para o canis lupus cambios físicos. O primeiro para consideralos canis familiaris, nas excavacións realizadas, é a aparición da enfermidade periodontal nas mandíbulas, consecuencia de alimentar a un carnívoro con hidratos de carbono.

Os cans son carnívoros, e se comen carne están máis sans, física e emocionalmente (a alimenteación é un dato importante que hai que manexar para facer unha terapia de modificación de conduta).

Entón, de onde sae esta lenda de que se os cans comen carne sen cociñar se “botan á xente”?

Descoñecemento de como funcionan os cans, e de como se transmiten as enfermidades.

A orixe deste tipo de mitos ten dúas compoñentes:

  • A xente tende a considerar que non comete erros no manexo dos cans: se algo non vai ben a culpa é do can, non da persoa.
  • O descoñecemento do proceso de transmisión da rabia, como principal enfermidade transmitida polos cans e mortal ata fai ben pouco.

O noso país é un bo caldo de cultivo de mitos, e este é un máis. Ademáis moi extendido porque unha das nosas características culturais e o seu pouco uso tradicional, estando extendida a costume de ter os cans á cadea para “dar a xente”, os cans fora da vivenda, a pouca convivencia e o pouco coñecemento.

Buscar explicacións do tipo de considerar o consumo de carne crúa como potencial incremento da agresividade tamén se relaciona co feito antropolóxico de que os humanos non somos carnívoros, motivo polo cal rexeitamos a proteína animal crúa, o sangue e as vísceras, as cales non son agradables á vista nin ao olfato dos humanos.

A carne crúa por tanto asóciase ao que os animais non carnívoros , os humanos, consideramos negativo: son agresivos, matan.

Podo darlle ao meu can carne sen cocinar?

Si, un can alimentado con carne, que teña grasa e algo de óso para roer, estará perfectamente ben, terá un pelo brillante, moita enerxía, estará máis tranquilo…

Alimentalo con carne crúa non vai ter ningunha conscuencia negativa, non se vai volver máis agresivo, nen cousa parecida.

Dende logo, se aparece algún problema de agresividade, non vai ter como explicación a alimentación a base de carne sen cociñar.

cans carne crúa

MARÍA SABELL

ESPECIALISTA EN CONDUCTA ANIMAL

Un can non é a súa raza, é o carácter do individuo.

A euxenesia da época victoriana fíxonos crer que unha raza seleccionada daba individuos iguais.

Hoxe en día sabemos máis de epixenética e filoxenética que naqueles tempos.

Porqué os cans de calquera raza non son todos iguais?

Porque a xenética non son matemáticas.

Unha parte determinante da filoxenética ten que ver coas estratexias de supervivencia de cada especie.

A estratexia de supervivencia dos cánidos é a cohexión da manada, a lealdade á familia por riba de todo.

A interacción social dos cánidos determina que haxa individuos que ocupen distintos roles dentro da estrutura familiar.

Teñen que nacer individuos con características diferentes para ocupar os distintos roles. Isto é que pode haber poucas diferencias físicas, pero moitas conductuais.

A xenética dos cans ten como principal característica a de fixarse a eles en só 7 xeracións, isto da moitas variabilidades de aspectos físicos; e, dende os anos 70 do pasado século, coa popularización dos concursos de obediencia e probas de traballo, extendéronse na crianza, patoloxías conductuais beneficiosas para a consecución dos obxetivos das probas e concursos, pero isto tivo consecuencias moi negativas, sobre todo nas razas máis popularizadas.

eugenesia

A suma destes criterios de selección e crianza é o que temos hoxe en día.

Cómo sabemos se o canciño que queremos levar á casa está física e condutualmente sano? Un test de carácter é un repaso á súa xenética.

Coñecer as características de determinada liña xenética dentro de cada raza, fai que afinemos dentro da nosa elección: hai liñas de beleza, de traballo, mixtas, é necesario coñecer que taras e patoloxías transmite cada unha.

Cada individuo é diferente, se queremos saber cales van ser os seus parámetros condutuais só hai un xeito de sabelo: un test de carácter.

Ese cadeliño de dobermann será bo Defensor da casa? ou pola contra deixará entrar a calquera.

Dende as 9 semanas de vida do can pódese facer un test de carácter con resultados fiables para coñecer tendencias de carácter e descartar as patoloxías condutuais máis comúns e detectable en idade temperá.

Os test de carácter consisten en comprobar a resposta do can ante determinados estímulos nun tempo.

Están pensados e son axeitados segundo idades e as características que queremos coñecer e medir.

Non hai límite de idade para facelos.

Este é o único sistema de garantir como vai ser o can que queremos meter na casa.

Non todos os cans retriever son bos cans de familia, non todos os cans de pastor alemán poden defender a casa, cada individuo ten as súas cualidades, hai que ter información sobre o individuo antes de que decidamos que vai a formar parte da nosa familia.

Así saberemos como vai aprender, que podemos esperar del e non se lle pedirá o que non pode dar.

María Sabell Sierra
Especialista en conducta animal.

Un can grande, é axeitado para un piso?

Os cans que disfrutan de boa vida, que están ben física e emocionalmente e fan disfrutar ás persoas coas que conviven, teñen sempre unha cousa en común: tempo de dedicación.

Os cans son tempo de dedicación.

A cantidade de espazo na que vivan coa familia non é determinante. A un can non lle preocupa se a familia vive nun apartamento ou nunha mansión.

Os cans son animais sociais coma nós, viven en familia. O lugar donde viva a familia carece de importancia.

O que si é determinante para o bo funcionamento do can é a convivencia coa familia.

Un can illado dos seus conxéneres non está ben, non vive ben.

Un can solo nunha leira grande, con moito sitio para correr non vive ben, sufrirá unha neurose inducida por aillamento en maior ou menor medida.

Non teñas un can só, illado do contacto dos seus conxéneres, nese caso, ten como mínimo dous, deixa que sexan unha manada.

Se queres coñecelos, disfrutar máis deles e que te entendan e aprecien, convive con eles.

Se somente tes un can, convive con el.

Ter un can no xardín que nunca sae de ahí e que non poida entrar na casa non é convivir. Iso é formar parte da fauna do xardín, non da familia.

Un can pequeno que non sae dun piso e da súa terraza fácilmente terá a mesma neurose por illamento que un can de 40kg que non sae do xardín dun adosado.

As capacidades cognitiva e sensorial dos cans, xunto coa súa capacidade física potencial, fan que necesite saír, coñecer un entorno rico en estímulos e variado en situacións.

O territorio natural dunha familia de cánidos salvaxes pode chegar aos 100km2, pero o seu cocho, a súa casa, son 10m2 para 10 ou 12 familiares.

O tamaño dun can non determina as súas necesidades de esparexamento físico. Todos necesitan saír, correr, andar e relacionarse co entorno.

O parámetro condutual máis directamente relacionado con esta consideración é a reactividade a estímulos externos; a cantidade de resposta que se emite despois de percibir un estímulo: un can terrier pequeno ten unha reactividade alta ou moi alta e un moloso de montaña de máis de 50kg tena baixa ou moi baixa.

Un can que está ben, está tranquilo, descansando cando está na casa. Un canciño de pouco tamaño correndo e ladrando dentro dun piso constantemente non ten unha boa vida; un mastín que vive nun piso e sae, pasea, corre e ve mundo, vive ben.

Se queres ter un can, pensa en canto tempo podes dedicarlle a saír con el polo mundo adiante.

Mastín nun piso

María sabell Sierra

Especialista en Conducta Animal

Qué facer cando perdes/atopas un can?

Qué facer cando atopas un can ?

 Queres ser de axuda cando se atopa un can ?

Qué se debe facer para que a túa axuda sexa realmente eficaz.

Pasos a seguir:

1º  Chama á Policía Local

En tódolos concellos hai un servicio permanente de atención á cidadanía.

2º  Chama á Policía Local

3º Chama á Policía Local

4º Unha vez que xa estamos en contacto debemos dar a seguinte información:

  • Se temos collido o can ou se so o vimos
  • Descripción física do can

5º Segue as instruccións que che dean

6º Agora si, se queres, podes publicalo nas redes sociais

Qué pasa se non segues estes pasos ?

Ainda que a túa intención sexa boa, provocas, entre outros, estos problemas:

  • No caso dos cans que son queridos e buscados, retrasas que volva coa súa familia porque o primeiro que facemos cando perdemos un can é chamar á Policía Local, se ti o atopas e chamas, nuns minutos pódese establecer o contacto.

Este sistema é universal, as redes sociais están limitadas ao teu círculo.

  • Cando ‘Só lles falta falar’ está axudando cos rastrexadores a atopar un can, necesitamos avisos directos e rápidos sobre a ubicación donde foi visto, estamos en contacto telefónico directo ca familia do can e cos servicios municipais, se o aviso non é directo, tarda demasiado tempo en chegar a nós e á xente que o está buscando activa e directamente.
  • Se colles un can e non das aviso á autoridade, estás cometendo un delito, estás roubando. A familia do can pódeche poñer unha denuncia por roubo e unha demanda por danos.
  • Dende o momento que recolles un can e non das aviso, es o responsable civil dos accidentes que ocasione o can.

Qué facer cando perdes un can ?

1º Chama á Policía Local

  • Indica o lugar
  • Da a descripción do can

2º Se estás fóra da zona urbana e hai risco de que o can deambule por estradas e autoestradas, da o aviso á Garda Civil.

3º Chama a canceiras e refuxios de animais.

4º Agora, podes publicalo nas redes sociais e buscar axuda de amigos e persoas que poidan atopalo.

Que facer cando Atopas_Perdes un Can

Lista de Refuxios e canceiras de Galicia