Normas para as saídas

Ola a todos, aproveitando que este mes teremos varias saídas queremos recordarvos que para que todo vaia sobre rodas temos que manter uns mínimos de organización. A continuación tedes un pequeno recopilatorio de recomendacións que para os que levades tempo no club xa coñecedes e para os máis novos veredes como seguindo estas pequenas directrices conseguimos que as saídas sexan sempre un éxito.

SOBRE A SAÍDA:

– Quedamos no punto de saída en Santiago, os que queiran ir en furgoneta teñen que avisar con antelación.
– Ao chegar ao lugar da ruta vemos o tema de “loxística” (onde deixar os coches) que normalmente será no punto de chegada.
– As camiñatas adoitan ser de 8-12 kilómetros e a idea é facer a ruta antes de xantar, polo que para o camiño é aconsellable levar auga e algo de picar.
– Para xantar levamos todos un pouco de algo (UN POUCO), para compartir (si se quere, evidentemente).
– Se hai tempo e ganas dáse outra voltiña pola zona despois de xantar, ou senón, simplemente pasamos a sobremesa de parola.


Ler máis