A euxenesia da época victoriana fíxonos crer que unha raza seleccionada daba individuos iguais.
Hoxe en día sabemos máis de epixenética e filoxenética que naqueles tempos.
Porqué os cans de calquera raza non son todos iguais?
Porque a xenética non son matemáticas.
Unha parte determinante da filoxenética ten que ver coas estratexias de supervivencia de cada especie.
A estratexia de supervivencia dos cánidos é a cohexión da manada, a lealdade á familia por riba de todo.
A interacción social dos cánidos determina que haxa individuos que ocupen distintos roles dentro da estrutura familiar.
Teñen que nacer individuos con características diferentes para ocupar os distintos roles. Isto é que pode haber poucas diferencias físicas, pero moitas conductuais.
A xenética dos cans ten como principal característica a de fixarse a eles en só 7 xeracións, isto da moitas variabilidades de aspectos físicos; e, dende os anos 70 do pasado século, coa popularización dos concursos de obediencia e probas de traballo, extendéronse na crianza, patoloxías conductuais beneficiosas para a consecución dos obxetivos das probas e concursos, pero isto tivo consecuencias moi negativas, sobre todo nas razas máis popularizadas.

A suma destes criterios de selección e crianza é o que temos hoxe en día.
Cómo sabemos se o canciño que queremos levar á casa está física e condutualmente sano? Un test de carácter é un repaso á súa xenética.
Coñecer as características de determinada liña xenética dentro de cada raza, fai que afinemos dentro da nosa elección: hai liñas de beleza, de traballo, mixtas, é necesario coñecer que taras e patoloxías transmite cada unha.
Cada individuo é diferente, se queremos saber cales van ser os seus parámetros condutuais só hai un xeito de sabelo: un test de carácter.
Ese cadeliño de dobermann será bo Defensor da casa? ou pola contra deixará entrar a calquera.
Dende as 9 semanas de vida do can pódese facer un test de carácter con resultados fiables para coñecer tendencias de carácter e descartar as patoloxías condutuais máis comúns e detectable en idade temperá.
Os test de carácter consisten en comprobar a resposta do can ante determinados estímulos nun tempo.
Están pensados e son axeitados segundo idades e as características que queremos coñecer e medir.
Non hai límite de idade para facelos.
Este é o único sistema de garantir como vai ser o can que queremos meter na casa.
Non todos os cans retriever son bos cans de familia, non todos os cans de pastor alemán poden defender a casa, cada individuo ten as súas cualidades, hai que ter información sobre o individuo antes de que decidamos que vai a formar parte da nosa familia.
Así saberemos como vai aprender, que podemos esperar del e non se lle pedirá o que non pode dar.
María Sabell Sierra
Especialista en conducta animal.