Ola a todos, logo do verán retomamos as actividades do club e que mellor maneira de facelo que cunha saída.
Desta volta iremos ata o monte Meda, será o domingo 16 de Setembro.
A ruta será circular con saída e chegada ó convento de Herbón.
A comida poderémola facer no propio convento. Cada quen que leve o que queira xa que a comida quedará nos coches e so teremos que cargar con algunha botella de auga.
A dificultade é media cunha lonxitude aproximada de 8 Km e un desnivel de 210 m.
Haberá furgoneta para os 7 primeiros humanos que queiran facer uso dela. e tamén o que queira pode ir directamente para o convento de Herbón.
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Saída dende o Hipercor de Santiago
- Data límite: Venres día 14 de Setembro.
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.
10 Responses