Saída monte Meda

Ola a todos, logo do verán retomamos as actividades do club e que mellor maneira de facelo que cunha saída.

Desta volta iremos ata o monte Meda, será o domingo 16 de Setembro.

A ruta será circular con saída e chegada ó convento de Herbón.
A comida poderémola facer no propio convento. Cada quen que leve o que queira xa que a comida quedará nos coches e so teremos que cargar con algunha botella de auga.
A dificultade é media  cunha lonxitude aproximada de 8 Km e un desnivel de 210 m.
Haberá furgoneta para os 7 primeiros humanos que queiran facer uso dela.  e tamén o que queira pode ir directamente para o convento de Herbón.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Saída dende o Hipercor de Santiago
    • Data límite:  Venres día 14 de Setembro.

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

10 Responses

  1. pablofreire
    Seville, Noa e Pablo asistirán. Levarei carrito por se o monte é moi empinado.
  2. Lucía
    Akila y Lucía también nos apuntamos. Nos vemos en Santiago!
  3. Anónimo
    son maria levarei a manuel , carlos, maria as nenas , bu piroco,e fox terriers
  4. Xa tentei enviar varias veces unha mensaxe, mas como non vexo que saian vou tentá-lo de novo. Son Rosa e irei con Lupa.
  5. Roberto
    Simba e máis eu, Roberto, esperamos en Herbón enfriando líquidos e farémo-lo posible por ter pementos para unha tapa á volta do roteiro segundo a hora de retorno estarán fritidos ou teremos que fritilos... e tentaremos tamén converter algo de auga en viño para o carrito de Pablo...
  6. Irei co Papageno e coa Osa. Faremos uso da furgoneta.
  7. Anónimo
    Son Katia, vou con Leo e Petra, tamen faremos uso da furgoneta ;))
  8. Gonzalo
    Ímos Max, Lobo e máis eu. Vémonos en Herbón
  9. ROCKO
    Salvo catástrofe iremos el srto Daniel y yo. En principio salimos a Herbón
    • ROCKO
      Al final mañana no iremos. Acabamos de llegar de hacer una ruta y estamos pasados de revoluciones. Sentimos no poder disfrutar de vuestra compañía. Esperamos recuperarnos para la salida de Vedra. Que lo paseís muy bien y cuidado con el calor.

Deixa una resposta a Lupa

*