Saída Carboeiro

Ola a todos, xa temos lista a próxima saída do club. Desta volta achegarémonos ata o concello de Silleda onde faremos a ruta que vai dende o mosteiro de Carboeiro ata a fervenza do río Toxa.

Como de costume cada un levará algo de comida para compartir. Non esquezades que hai que levar "un pouco"  non a despensa completa!

A saída será o domingo 8 de Xullo, a ruta comeza no mosteiro e durante varios km iremos preto do río polo que os cans terán sitios onde refrescarse e beber. Esta é unha ruta verdadeiramente espectacular, non a podedes perder!

A ruta non é circular e ten uns 7 km, iso si, se o tempo acompaña recomendamos levar traxe de baño pois hai lugares onde seguro se prestará un baño refrescante.

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 11 diante do Corte Inglés de Santiago.
  • Comida:
    • Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres día 6 de Xullo.

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

24 Responses

  1. pablofreire
    Pablo , Noa e Seville apuntanse a tirarse da fervenza.
  2. David
    Marta, David y Jordee van!
  3. Anónimo
    son maria,bu e susana vanse tirar a fervenza, piroco non , amiña nai se poñedes calentador, e manuel xa non ten edade
    • Manolo
      ¿De que non ten idade Manuel? ¿De tirarse? ¿De decidir se se tira? Os Manueles podemos facer iso e máis... o que pasa é que somos tímidos.
  4. Rosa (Lupa)
    Ramón, Rosa e Lupa tamén van, pero da fervenza non nos tiramos!
    • Ramon
      Bah, se total son 70 m de altura.
      • Manolo
        ¿Como que 70 metros? Vale, 70 metros, pero ¿desde onde?
  5. Roberto
    ...bueno bueno, moita fervenza, espero que non sexa pola calor destes días... a miña fervenza dende hai seis días é no lombo, teño unha "subluxación lumbar" (carallo co nome, xa da medo) e como non mellore o conto véxome con caxato para tempo... non sei se unhas amigas miñas se asociarán antes dese día e irán, se van, que leven a Simba para tirarse "á bomba" e bailar algo con eses movementos de cadera que só él ten... en calqueira caso se alguén pasa cerca da mila casa eu ofrezo a repostaxe para axudar a Lourdes cos reaños de Pablo, axudar a Bu a coller impulso e a Piroco a soporta-la vengonza de tanto espectáculo, a nai de María pode entrar en calor rápidamente e a Manuel axudarao a conserva-la idade.... a Rosa, Ramón e Lupa folgos.... saúdos e bo humor...
    • pablofreire
      Pois non vos sei o que son os reaños.
    • Manolo
      Ola Roberto; eu de maior quero ser coma ti e ter cousas tan importantes, unha subluxación lumbar. ¿Hai que estudar moito para iso?
      • maria e manolo
        como queres a definición ¿en fisno ou en menos fisno?
  6. ... pois mira, é ago así coma unha proba da forza da gravidade ou unha forma de loitar contra a mesma....
    • maria e manolo
      en fisno reaños ou redaños: Fuerzas, bríos, valor. en menos fisno: collons,
  7. Manolo
    Pinto, Tina, Linda, María e Manolo estamos aprendendo a asubiar para cando sexa o momento de lanzarse; a Pinto e a min, como somos homes, cóstanos o de facer dúas cousas á vez, asubiar e desimular pero "estamos en ello". Se ademais temos que lanzarnos, serían tres e aí si que xa non podemos
  8. maria e manolo
    ¿E si tiramos a curmá do señor Risco?
  9. Roberto
    bo día, definitivamente non poderei ir, a miña evolución é lentísima... menos mal que Manolo quere ser coma min de maior, maior xa son, peron non tanto oh..., pero nont e preocupes non hai que estudar moito, pero hai moitos pementos que apañar... jajajajaj... desexo que pasedes un excelente día, con fervenza ou non, saltando ou non, con reaños (en fisno) ou... feliz día da fervenza.....
  10. Marisa
    Gracias, Roberto, y recupérate para la próxima!!! Iremos Akila, Greta, Lucía y Marisa desde La Coruña Aun no hemos decidido si nos bañaremos...
  11. antonia
    Hola, estou valorando acercarme a Hipercor o domingo, con Duna. É unha decisión lenta porque perdín a costume. Sabedes qué pronóstico de tempo temos?
  12. Drow+1 para a saída do domingo a Carboeiro!
  13. Gonzalo
    Max, Lobo y Gonzalo. Directos a Carboeiro.
  14. I think this is a real great post.Thanks Again. Awesome.

Deixa una resposta a Gonzalo

*