Ola a todos, xa temos lista a próxima saída do club. Desta volta achegarémonos ata o concello de Silleda onde faremos a ruta que vai dende o mosteiro de Carboeiro ata a fervenza do río Toxa.
Como de costume cada un levará algo de comida para compartir. Non esquezades que hai que levar "un pouco" non a despensa completa!
A saída será o domingo 8 de Xullo, a ruta comeza no mosteiro e durante varios km iremos preto do río polo que os cans terán sitios onde refrescarse e beber. Esta é unha ruta verdadeiramente espectacular, non a podedes perder!
A ruta non é circular e ten uns 7 km, iso si, se o tempo acompaña recomendamos levar traxe de baño pois hai lugares onde seguro se prestará un baño refrescante.
Organización da saída:
- Puntos de encontro:
- 11 diante do Corte Inglés de Santiago.
- Comida:
- Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o Venres día 6 de Xullo.
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.
24 Responses