Estamos a preparar unha saída de fin de semana ás Médulas, máis concretamente á contorna do lago Carucedo. Imos a quedarnos nunhas cabanas de turismo rural que ademais serán o centro das camiñatas para que así tamén se animen os socios con menos "afección " a andar.
O prezo das cabanas dependerá da cantidade de xente que estea apuntada. Iso si, os que queirades que o voso can durma dentro da cabana haberá que pagar un suplemento de 6 €.
A saída será os días 26-28, sairemos o 26 ó redor das 16:00 dende Santiago.
O límite para inscribirse nesta saída será o 15 deste mes. Os que desexedes usar o servizo de furgoneta tedes que especificalo cando vos apuntedes usando os comentarios desta entrada.
Estas son as indicacións para chegar á casa rural na que se pasará a fin de semana:
Rural Médulas
La Campañana (Municipio de Carucedo)
Indo pola A-6 no kilómetro 400 collemos o desvío á N-120 e seguimos as indicacións de Las Médulas ata a localidade de Carucedo. Unha vez que no pobo hai que seguir as indicaciós cara Campañana.
E para os que usades GPS estas son as coordenadas: 42,509482, -6,785592 (Tamén as podedes usar nos mapas de google para ver onde está a casa)
Aquí vos deixamos un enlace con información da zona www.ruralmedulas.es
A viaxe:
Dende Santiago sairase ás catro da tarde, para os que ides en furgo farase visita a domicilio ;-D Logo arrancaremos cara Ourense, Monfore, Barco... En Ourense farase unha pequena parada para que os socios que saian dende alí, se así o desexan, se unan ó convoi. Contamos cos ourensáns para que propoñan un punto de encontro.
Non esquezades que os que o desexen poderán darse o gusto de bañarse no río, así que non deixedes o bañador na casa! E ollo ó dato: A comida do domingo será tipo MOBO, que non pille a ninguén despistado.
Aquí tedes as fotos da fin de semana:
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.
31 Responses