Saída ás Médulas

Imagen Las MédulasEstamos a preparar unha saída de fin de semana ás Médulas, máis concretamente á contorna do lago Carucedo. Imos a quedarnos nunhas cabanas de turismo rural que ademais serán o centro das camiñatas para que así tamén se animen os socios con menos "afección " a andar.
O prezo das cabanas dependerá da cantidade de xente que estea apuntada. Iso si, os que queirades que o voso can durma dentro da cabana haberá que pagar un suplemento de 6 €.

A saída será os días 26-28, sairemos o 26 ó redor das 16:00 dende Santiago.

O límite para inscribirse nesta saída será o 15 deste mes. Os que desexedes usar o servizo de furgoneta tedes que especificalo cando vos apuntedes usando os comentarios desta entrada.

Estas son as indicacións para chegar á casa rural na que se pasará a fin de semana:

Rural Médulas
La Campañana (Municipio de Carucedo)

Indo pola A-6 no kilómetro 400 collemos o desvío á N-120 e seguimos as indicacións de Las Médulas ata a localidade de Carucedo. Unha vez que no pobo hai que seguir as indicaciós cara Campañana.

E para os que usades GPS estas son as coordenadas: 42,509482, -6,785592 (Tamén as podedes usar nos mapas de google para ver onde está a casa)

Aquí vos deixamos un enlace con información da zona www.ruralmedulas.es

A viaxe:

Dende Santiago sairase ás catro da tarde, para os que ides en furgo farase visita a domicilio ;-D Logo arrancaremos cara Ourense, Monfore, Barco... En Ourense farase unha pequena parada para que os socios que saian dende alí, se así o desexan, se unan ó convoi. Contamos cos ourensáns para que propoñan un punto de encontro.

Non esquezades que os que o desexen poderán darse o gusto de bañarse no río, así que non deixedes o bañador na casa! E ollo ó dato: A comida do domingo será tipo MOBO, que non pille a ninguén despistado.

Aquí tedes as fotos da fin de semana:


O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

31 Responses

  1. ROCKO
    SALIDA Y FURGONETA PARA ROCKO,LOURDES Y DANIEL
  2. Anónimo
    Paréceme moi interesante, teño que darlle xeito e confirmo antes do 15
  3. antonia-duna
    Paréceme moi interesante, vou tratar de darlle xeito e confirmo antes do 15
  4. Greta
    Una zona preciosa!!! Tambien lo confirmaremos antes del 15 pq mi dueña está lesionada y ni puede conducir y me tiene de vacaciones en casa de mi tia, pero como aun faltan dias y hay la opción de no andar y de furgoneta.... a ver si hay suerte y podemos ir
  5. Lucia
    Desde Orense nos apuntamos Laura (Bolt) y Lucía (Mica) con el incremento de 6€ para los dos perros :). Iremos en coche propio hasta alli, si podeis poner un punto de encuentro.
  6. Drow
    Me apunto y me llevo Sara para que vea mundo :-D
  7. Drow
    en furgo of course !!!!
  8. antonia
    apuntome con Duna para ir ás Medulas. Se é que se confirma; antonia e Duna
    • Anónimo
      vas en furgoneta?????
  9. Lucía
    Akila y Lucía también se apuntan pero vamos directas desde Coruña. Duermo con mi dueña así q sumadme el incremento de los 6 euros. Un lambetazo!!
  10. Anónimo
    Tina pequecha y yo (Paula) también nos unimos, y nos apuntamos las dos a la furgoneta y a dormir bajo techo claro, jeje. Esperamos que la propuesta siga en marcha ya que hasta hoy no somos muchos quienes nos hemos animado... Nos mantendremos pues pendientes de las novedades
    • ROCKO
      LA SALIDA ESTA CONFIRMADA. DURANTE LA SEMANA QUE FALTA IREMOS CONCRETANDO DETALLES
      • Drow
        Hola ¿que pasa coa comida?, cada un leva a súa ou hai bote?, sería interesante que puxerades algo sobre este tema, bueno non sei se se ten falado pero sería bo que se puxera no blog. Sara, e sobre todo Drow, está moi preocupado por este tema, je,je,je chao
  11. Anónimo
    Greta y Marisa lo vemos un poco "crudo", no podemos confirmar hasta saber como va la convalecencia, así q en principio no conteis con nosotras. Si finalmente la recuperación va bien y hay un huequito para nosotras nos adaptaremos a las condiciones e iremos. De lo contrario... pasadlo bien!
  12. Laura
    Desde Ourense somos tres adultos (Lucía, Víctor y Laura) y dos niños (Mica y Bolt). Si necesitais que nos encarguemos de algo (comida pos ejemplo...) nos avisais. Un saludo.
    • ROCKO
      MENOS MAL QUE ALGUIEN PIENSA EN COMER.
  13. antonia-Duna
    Creo que non vou poder ir, porque únicamente dispoño do sábado, e o vexo complicado; Tería que incorporarme a media mañán co correspondente problema de coordinación, e sair o domingo pola mañán cedo. Tratába de darlle xeito pero finalmente non o consigo (Duna depre, coas ovellas que xa se veían nas imaxes, que boa pinta...)
  14. DANIEL - ROCKO
    SE ENVIA UN CORREO CON LA INFORMACION DE COMIDAS, VIAJE Y ZONA DE CARUCEDO. LEERLO Y SI HAY ALGUNA PROPUESTA O QUEREIS HACER CORRECCIONES LO COMENTAIS
  15. Manuel Alonso
    Tarde, mal e arrastro (¡vaia novidade!) ¿Habería sitio para dous racionais(ás veces), Manolo e María, e para tres irracionais(ás veces), Linda, Tina e Pinto? Iriamos no noso coche. Mandádenos imformación,como, canto e cando se paga, comidas... Un soborno para que nos deixedes ir: levo licor café e caña. ¿A que agora xa é día 15? Un saúdo.
    • ;-)
      Podemos falar sen berrar? Digoo polo malo costume de escreber en maísculas en foros ou polo correo ;-)
      • Como di o comentario 22 escribir en maiúsculas nos foros interprétase como falar "berrando". Como a maioría dos socios sodes "novatos" nestas lides non o tomamos pola tremenda :-). Aínda que xa sabedes... Nunca te deitarás sen saber unha cousa máis!!! Unha aperta a todos e agardamos que o pasedes moi ben e que fagades moitas fotos para máis inri dos que non podemos ir. Unha aperta.
    • DANIEL - ROCKO
      No hay problema, te envio un correoen el transcurso del día, Saludos
  16. Lucía
    Hola! Para los q vamos directamente hasta Carucedo, podéis poner algún punto de encuentro porfi? Yo no conozco la zona. Sobre q hora llegaréis más o menos para hacer mis cálculos para salir desde Coruña?, porque entre que vais parando a recoger a la gente tardaréis lo vuestro. Un saludo!
    • Daniel
      Buenos dias, te envío un correo con el teléfono de contacto. Calculo que llegaremos a Carucedo sobre las 19,30-20,00 horas. Hasta este punto pienso que es fácil llegar siguiendo las indicaciones del blog. Después ya iríamos a La Campañana juntos.
  17. Marisa
    Hola! Ayer me encontré a Lucia con Akila y me dio el "empujoncito" q necesitaba para ir, si todavía nos haceis un hueco a Greta y a mi. Yo no haré rutas, me daré pequeños paseos por allí, pero si espero q os lleveis a Greta a hacer alguna pq le hace mucha falta correr y jugar. Por favor, q alguien me envíe información acerca de lo q hay q llevar de comida y demás. Lucia, Marisa, Akila y Greta iremos directamente a Carucedo en mi coche y llegaremos sobre las 20h, ok? Ah! No necesito sitio para Greta en la casa, duerme perfectamente en el coche. Hasta mañana!
  18. A ver esas foticas!!!
  19. Fada
    Daeme unha certa dor observar como dende hai unhas semanas as comunicacións por correo do club fanse en castelán, chegando a deturpar topónomos de xeito ridículo "El Pajonal". Agardo que o club non se convertera nesa sucursal pepera que intúen algúns socios e que sexa algo máis que pendurar "foticas" de domingo a feixes.
  20. Dende o nacemento do blog as publicacións sempre respectaron a fonte e o idioma no que se sente máis cómodo o autor. En casos de publicacións en idiomas como o inglés faise tradución para a maior difusión das mesmas dentro club deixando de tódolos xeitos enlaces ó idioma orixinal (por exemplo: http://wp.me/p1IBYY-o). Esta é a política deste blog, apoiada pola directiva. Seguiremos a publicar os artigos na lingua que o autor prefira, sexa galego ou castelán. Isto non interfire en outras labores do blog como é a participación no grupo de tradución oficial de Wordpress ó galego. Respecto ó segundo tema non vou a emitir opinión algunha, só expresar que o blog non é o foro adecuado para expresar esas inquedanzas e menos de forma anónima e sen aportar algo construtivo. A participación no blog é libre e aberta pero evidentemente o entorno Wordpress ten ferramentas de control dos comentarios dispoñibles para os administradores do blog, tanto pasivas como activas . Dende o blog animamos que os comentarios continúen a ser coma ata o momento correctos e construtivos, doutra maneira veriámonos obrigados a utilizar as ferramentas, datos e políticas de privacidade dispoñibles. Simón D.
  21. This website is very good! How did you make it .

Deixa una resposta a Drow

*