Ruta polo Río Tambre_Sigüeiro 9 Agosto 2015

E como non nos imos de vacacións, este Domingo 9 de Agosto realizaremos unha ruta polo río Tambre no Concello de Oroso na localidade de Sigüeiro.

A ruta iniciaráse na Área recreativa da Barciela e discorrerá por unha das beiras do  Tambre para facer o camiño de volta pola outra beira.

Debido ás características da ruta e o lugar onde comeremos, é unha ruta válida para tódolos públicos. Animádevos os que teñades nenos pequenos ou bebés por que no caso de non poder andar moito podedes facer un recorrido máis corto polos arredores do merendeiro.

Ruta Sigüeiro Tambre

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata oVenres 7 de Agosto

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

11 Responses

  1. Dama y Rubio
    Dama e Rubio apuntanse, e van o hipercor.
  2. pablofreire
    Noa e Seville van.
  3. Vou con Bico, Travis e ensaladilla rusa.
  4. Anónimo
    Soto e Cus van. Levan a Ana e Sisca, algo de comer e algo de beber
  5. Anónimo
    ¡Los Sotocús tamén levan a Simón!
  6. Rosa Villar Cordovés
    Boas son Lupa e levo a Ramón e a Rosa. Imos directamente a Sigueiro: a area recreativa ¿é o que se chama "refuxio de pescadores " ou é outro?
  7. Anónimo
    Fusco, Sena e Luz tamén se anotan Esa área recreativa queda na estrada que vai de Sigüeiro ó aeroporto?
    • pablofreire
      Non, entrando no casco urbano de Sigüeiro dende Santiago a 200 mts da ponte hai un cruce con unha fonte á dereita, haise que meter por ahí e despois de 200-400 mts ou así hai que volver a coller á dereita. Podémonos ver na carretera esa na que se entra ó coller á dereita en Sigüeiro.
      • Anónimo
        Eu coñezoa como o refuxio, vemonos ali, xa imos directos
  8. Anónimo
    Maggie y Minke van
  9. Anónimo
    Baro. Bubu y Marta tamen van

Deixa una resposta a pablofreire

*