E como non nos imos de vacacións, este Domingo 9 de Agosto realizaremos unha ruta polo río Tambre no Concello de Oroso na localidade de Sigüeiro.
A ruta iniciaráse na Área recreativa da Barciela e discorrerá por unha das beiras do Tambre para facer o camiño de volta pola outra beira.
Debido ás características da ruta e o lugar onde comeremos, é unha ruta válida para tódolos públicos. Animádevos os que teñades nenos pequenos ou bebés por que no caso de non poder andar moito podedes facer un recorrido máis corto polos arredores do merendeiro.
Organización da saída:
- Puntos de encontro:
- 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata oVenres 7 de Agosto
____________________________________________
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.
11 Responses