Fin de semana: La Faba – Cebreiro

Ola a todos, como sabedes dende hai uns anos intentamos organizar unha saída de fin de semana. Pois ben, este ano iremos os días 15, 16 e 17 de Febreiro.

Albergue_La_FabaA saída está planificada para chegar o Venres pola noite, o Sábado iremos andando ata o Cebreiro e o Domingo baixaremos a Herrerías.

¿Como chegar? Na autovía A6 (A Coruña – Madrid) hai que saír en "Vega de Valcarce", hai dúas áreas de descanso, na área de "Restaurante Valcarce" hai que ir en dirección La Faba pasando por outros puebliños ata chegar ó albergue subindo nesa dirección. É moi importante non coller un cartel que pon "albergue de peregrinos" porque é para ir a pé e leva os coches a un recuncho sen saída. Hai que seguila estrada ata atopar a aldea de La Faba.

O aloxamento será da seguinte maneira: durmiremos no albergue polo que hai que levar toallas e saco de durmir ou sabas e mantas. Como vos podedes imaxinar ó ser un albergue, ¡Todos a durmir en liteiras! Os cans poden durmir dentro do albergue pero iso si, é moi importante ser coidadosos e recoller os "lixos" dos cans en todo o recinto do albergue.

Recomendacións:

  • Roupa ben abrigada que nos podemos encontrar con neve. Os que vaian no coche, non estaría demais que se leven cadeas para a neve.
  • Para mellor organización e para que non sobre moita comida , cando nos anotemos no blog, dicir se se leva algún segundo prato. Así saberemos con canta ‘munición’ contamos.

Intendencia:

  • Almorzos:
    • Cada quen levará o que mellor lle pareza para o seu almorzo (Sábado e Domingo)
  • Xantar:
    • Sábado: Será nun restaurante no Cebreiro , déixannos ter os cans. Menú por persoa 10 €
    • Domingo: Encargaremos para todos empanadas e sopa.
  • Ceas:
    • O primeiro prato do Venres e Sábado será comunitario, xa o leva o Club: sopa, potaxe , caldo ou algo así. Se  quere pódese levar algo para cear de segundo prato o Venres e Sábado.
  • Bebidas
    • Cadaquén que leve o que máis lle apeteza.

* Para pagar a comida comunitaria (empanadas, sopa , potaxe , caldo) e máis a calefacción do albergue, dependendo dos que sexamos , poñeranse sobre 10-12 € por persoa.
Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 20:00 diante do Corte Inglés de Santiago.
    • Albergue La Faba.
  • Servizo de furgoneta:
    • Os que desexen ir en furgoneta poñédeo nos comentarios.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Xoves día 14 de Febreiro.

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

19 Responses

  1. Marisa
    http://www.crtvg.es/crtvg/camaras-web/o-cebreiro Esta nevadito...lo podeis ver a través del enlace con la webcam Q frio!!!
  2. David
    Bueno, espero que siga la nieva hasta que lleguemos. Marta+Jordi+David van.
  3. pablofreire
    Noa, Seville levarán a Pablo e Noemi
    • pablofreire
      Levarei tarta para postre e almorzo e chorizos para picar.
  4. Vou cos Papagenos, a poder ser na furgoneta.
  5. Roberto
    Simba e Roberto van prontiño o venres para acender Calefacción e revisar todo por se precisamos algo.... se alguén chega cedo ou quere ir cedo, será ben recibido... ah, e para compartir levo producto ibérico variado, xa se me abre o apetito...
  6. Anónimo
    Nos apuntamos a ver la nieve! Greta y Akila junto con Marisa, Lucía y un novato, Rafa. Llevaremos dos cosillas saladas para picar y algo dulce para el desayuno. Os esperamos en el albergue probando los ibéricos de Roberto.
  7. Anónimo
    son maria levarei a manuel e 4 cans
  8. son Inma, vou con Vicente e Chisca
  9. Esquecinme: levarei ensalada de pasta. ¿Alguén sabe si haberá unha cafetera no albergue?
    • pablofreire
      No albergue hai cuberteria, e cafetera. No problem
  10. Marisa
    Tambien van Carmen y Chop. Ellos llevan carne asada y Greta lleva escalibada y un bizcocho
  11. Anónimo
    Alguien va a llevar leche y azúcar? El café me queda claro q lo lleva Pablo...
  12. Por certo, o leite e o café non van ser as únicas bebidas que leve ;-)
  13. Perdon polas horas! Pero cheguei tardisimo a casa. Vamos Lusco, Cancún, 3 invitados caninos (Titán, Odín e Kiara) e máis 1 de dúas patas (Tony) e eu (Sabela). Saimos dende Lugo, hora de chegada non a sei.
  14. usually posts some really exciting stuff like this. If you are new to this site

Deixa una resposta a Eliseu

*