Ola a todos, como sabedes dende hai uns anos intentamos organizar unha saída de fin de semana. Pois ben, este ano iremos os días 15, 16 e 17 de Febreiro.
A saída está planificada para chegar o Venres pola noite, o Sábado iremos andando ata o Cebreiro e o Domingo baixaremos a Herrerías.
¿Como chegar? Na autovía A6 (A Coruña – Madrid) hai que saír en "Vega de Valcarce", hai dúas áreas de descanso, na área de "Restaurante Valcarce" hai que ir en dirección La Faba pasando por outros puebliños ata chegar ó albergue subindo nesa dirección. É moi importante non coller un cartel que pon "albergue de peregrinos" porque é para ir a pé e leva os coches a un recuncho sen saída. Hai que seguila estrada ata atopar a aldea de La Faba.
O aloxamento será da seguinte maneira: durmiremos no albergue polo que hai que levar toallas e saco de durmir ou sabas e mantas. Como vos podedes imaxinar ó ser un albergue, ¡Todos a durmir en liteiras! Os cans poden durmir dentro do albergue pero iso si, é moi importante ser coidadosos e recoller os "lixos" dos cans en todo o recinto do albergue.
Recomendacións:
- Roupa ben abrigada que nos podemos encontrar con neve. Os que vaian no coche, non estaría demais que se leven cadeas para a neve.
- Para mellor organización e para que non sobre moita comida , cando nos anotemos no blog, dicir se se leva algún segundo prato. Así saberemos con canta ‘munición’ contamos.
Intendencia:
- Almorzos:
- Cada quen levará o que mellor lle pareza para o seu almorzo (Sábado e Domingo)
- Xantar:
- Sábado: Será nun restaurante no Cebreiro , déixannos ter os cans. Menú por persoa 10 €
- Domingo: Encargaremos para todos empanadas e sopa.
- Ceas:
- O primeiro prato do Venres e Sábado será comunitario, xa o leva o Club: sopa, potaxe , caldo ou algo así. Se quere pódese levar algo para cear de segundo prato o Venres e Sábado.
- Bebidas
- Cadaquén que leve o que máis lle apeteza.
* Para pagar a comida comunitaria (empanadas, sopa , potaxe , caldo) e máis a calefacción do albergue, dependendo dos que sexamos , poñeranse sobre 10-12 € por persoa.
Organización da saída:
- Puntos de encontro:
- 20:00 diante do Corte Inglés de Santiago.
- Albergue La Faba.
- Servizo de furgoneta:
- Os que desexen ir en furgoneta poñédeo nos comentarios.
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o Xoves día 14 de Febreiro.
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.
19 Responses