Ola a todos, como sabedes dende hai uns anos intentamos organizar unha saída de fin de semana. Pois ben, este ano iremos os días 15, 16 e 17 de Febreiro.
A saída está planificada para chegar o Venres pola noite, o Sábado iremos andando ata o Cebreiro e o Domingo baixaremos a Herrerías.
¿Como chegar? Na autovía A6 (A Coruña – Madrid) hai que saír en “Vega de Valcarce”, hai dúas áreas de descanso, na área de “Restaurante Valcarce” hai que ir en dirección La Faba pasando por outros puebliños ata chegar ó albergue subindo nesa dirección. É moi importante non coller un cartel que pon “albergue de peregrinos” porque é para ir a pé e leva os coches a un recuncho sen saída. Hai que seguila estrada ata atopar a aldea de La Faba.
O aloxamento será da seguinte maneira: durmiremos no albergue polo que hai que levar toallas e saco de durmir ou sabas e mantas. Como vos podedes imaxinar Ler máis