Saída monte Meda

Ola a todos, logo do verán retomamos as actividades do club e que mellor maneira de facelo que cunha saída.

Desta volta iremos ata o monte Meda, será o domingo 16 de Setembro.

A ruta será circular con saída e chegada ó convento de Herbón.
A comida poderémola facer no propio convento. Cada quen que leve o que queira xa que a comida quedará nos coches e so teremos que cargar con algunha botella de auga.
A dificultade é media  cunha lonxitude aproximada de 8 Km e un desnivel de 210 m.
Haberá furgoneta para os 7 primeiros humanos que queiran facer uso dela.  e tamén o que queira pode ir directamente para o convento de Herbón.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Saída dende o Hipercor de Santiago
    • Data límite:  Venres día 14 de Setembro.

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

0 comentarios

  1. Simba e máis eu, Roberto, esperamos en Herbón enfriando líquidos e farémo-lo posible por ter pementos para unha tapa á volta do roteiro segundo a hora de retorno estarán fritidos ou teremos que fritilos… e tentaremos tamén converter algo de auga en viño para o carrito de Pablo…

    1. Al final mañana no iremos. Acabamos de llegar de hacer una ruta y estamos pasados de revoluciones. Sentimos no poder disfrutar de vuestra compañía. Esperamos recuperarnos para la salida de Vedra. Que lo paseís muy bien y cuidado con el calor.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *