Saída Ruta de Riamonte

riamonteO próximo domingo 17 de Marzo chega unha nova saída do Club.
Esta é unha ruta circular de aproximadamente 8 km. É unha ruta que poderemos completar en algo menos de 3 horas e que transcorre en parte polas beiras do río Riamonte. Poderemos desfrutar dun paseo agradable entre os muíños do río e pequenas fervenzas.

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Comida:
    • Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres día 15 de Marzo.

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

0 comentarios

  1. Pues Marta, David y Jordee van y esperan la llegada del anticiclon para el finde..
    Comeremos en la playa fluvial de Tapia (esta a 3 km del inicio y final de la ruta..)

  2. Para vuestra informacion, si llueve, en la playa fluvial hay un sitio cubierto, es solo una barra, pero suficiente para no mojarnos.. Pero de todos modos, esperamos tener suerte con el tiempo!

  3. conto con poder ir á pateada, sen quedar a comer, pero gustaríame saber o nome do lugar-aldea onde é o punto de saída (ese que está a 3km de Tapia), porque o mapiña non me informa dabondo…

  4. Ola, son Antonia-Duna. Xa me informei cun autóctono da aldea de Vilar (un pouquiño mais adiante de Lamas) Seique fixeron no medio da aldea como unha praza para deixar os coches antes de facer a ruta dos molinos. Alí a qué hora… dez e media?

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *