Aproximadamente cada dúas semanas o club organiza saídas dominicais para os socios e cans. Unha oportunidade única para socializar ás nosas mascotas e visitar con elas montes, lagos, praias… e todo o que vos apeteza.

Saída Carboeiro

Ola a todos, xa temos lista a próxima saída do club. Desta volta achegarémonos ata o concello de Silleda onde faremos a ruta que vai dende o mosteiro de Carboeiro ata a fervenza do río Toxa.

Como de costume cada un levará algo de comida para compartir. Non esquezades que hai que levar “un pouco”  non a despensa completa!

A saída será o domingo 8 de Xullo, a ruta comeza no mosteiro e durante varios km iremos preto Ler máis

Saída Ecolóxica

O Concello de Vedra convoca para o sábado 16 de xuño unha xornada de concienciación ecolóxica chamada “Luvas verdes”, na que se pretende concienciar, limpar e atopar e marcar vertedoiros incontrolados. O Concello daríanos luvas e bolsas de lixo para ir recollendo plásticos, botellas… que atopemos na nosa andaina
O club propón unha saída ese sábado polas terras de Vedra participando nesa xornada.
Fariamos unha ruta en San Xián de Sales, a 5 Km do “Corte Inglés” Serían dúas rutas circulares máis o enlace entre ámbalas dúas duns 500 metros. Cada unha das rutas son aproximadamente 5 Km; o tempo sobre hora e media (ao ir recollendo lixo e marcando puntos de vertidos podería alongarse). Teriamos dúas posibilidades dependendo do tempo que nos leva a 1ª ruta.


1ª posibilidade. Facer a 1ª ruta e quedar a comer no río a carón do muíño (inicio da 2ª ruta), e facela pola tarde.
2ª posibilidade. Facer todo dun tirón e voltar a comer no río.


Na 1ª ruta sería un paseo polo monte con zonas de eucaliptos, piñeiros e tamén monte autóctono. Non hai case auga.
Na 2ª sería un paseo pola beira do ría e monte. Creo que é unha ruta moi bonita con moitísima vexetación autóctona e algunha carballeira impresionante Hai unhas vistas espectaculares da cidade da cultura desde o aeródromo.

Nas dúas atopariamos prados onde os cans poderían correr e desfrutar.

 

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:30 diante do Corte Inglés de Santiago.
  • Comida:
    • Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres día 15 de Xuño.

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

Saída Touro

Boas, tal como prometeramos aquí está a saída para o día 3 de Xuño.

Logo ter que cambiar o destino orixinal da saída finalmente iremos ata Touro onde faremos a ruta  circular dos tres ríos. En total serán uns 10 km que aproximadamente nos levarán 3 horas.

A ruta parte da área recreativa Santaia e é de  dificultade media. Ler máis

Saída Tambre

Ola a todos, esta fin de semana teremos unha nova saída. De novo será preto de Santiago, en Sigüeiro onde pasearemos pola beira do río Tambre. Agardamos que esta nova saída sexa do agrado de tódolos socios.

A ruta é sinxela, plana e serán uns 7-8 km. Como moito levaranos  2 horas.

Está é a ruta que imos seguir:

Ler máis

Ruta por Santiago

Ola a todos, logo dun tempo en parada técnica o próximo domingo 15 de Abril faremos unha saída polos arredores de Santiago. Desta vez faremos unha ruta circular con saida no merendeiro do Monte do Pedroso. Dende alí marcharemos cara o  río Sarela , pasaremos pola igrexa da Peregrina e regreos ó merendeiro do Pedroso pasando pola Granxa do Sexto.

A ruta será duns 10 Km aproximadamente e levaranos unhas 3 horas e media.

Organización da saída: Ler máis

Magosto 2011

20111119-214113.jpgXa chegou o frío e como non, temos unha nova edición do Magosto do club. Como as cousas hai que facelas ben pensamos que o mellor lugar para celebrar o magosto é a terra das boas castañas, é dicir, Ourense. A isto hai que sumarlle o bo facer da delegación de Ourense que se están a converter nuns perfectos anfitrións, por todo isto o magosto repetirá a ubicación do ano pasado.

O lugar de celebración será a area recreativa de Boutureira, a data o domingo 27 de Novembro.

Durante o día, ademais de comer castañas, poderemos facer unha sinxela ruta polos arredores da área recreativa. Será unha ruta  Ler máis

Saída Sequeiros-Sil

Dende a delegación de Ourense chega unha nova proposta para pasar unha fin de semana cos nosos cans no mes de outubro.

As datas serian as da fin de semana do 14, 15 e 16 de outubro. O destino, os Sequeiros e o río Sil.

O plan para a fin de semana é chegar á casa rural o venres á tardiña, o sábado empregarémolo para facer a ruta de Os Sequeiros e o domingo achegarémonos ata os miradoiros do Sil.

mapa da rota

Adicaremos o sábado a facer a ruta dos Sequeiros Ler máis

Ruta polos parques de Santiago

Comezo da ruta no parque do Paxonal

O domingo 11 de Setembro imos a facer unha ruta polos parques de Santiago. O punto de partida será o parque do Paxonal (o que está por baixo do Hipercor). Dende aí faremos escala en Conxo, logo dirixirémonos cara o Campus. Visitaremos tamén a ruta que transcorre polas marxes do río Sarela que para todos os que non a teñades descuberta é unha ruta espectacular Ler máis