Imos facer a terceira intentona a esta saída. O vindeiro domingo 10 de Novembro
Iremos ata o concello de O Pino onde percorreremos esta ruta circular con comezo e fin en A Rúa. O paseo coincide un anaco co Camiño de Santiago e subiremos ata o punto máis alto do concello (marco xeodésico) dende termos unhas vistas excepcionais sobre o aeroporto de Lavacolla. Durante o descenso cruzaremos a carballeira do pazo de Picón.
Para xantar desprazarémonos ata unha área recreativa preto do aeroporto. A saída é duns 10 km así que estades todo invitados a vir, ánimo!
Organización da saída:
- Puntos de encontro:
- 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
- Comida:
- Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o Venres día 8 de Novembro.
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.










