Ola a todos, nesta nova sección do blog atoparedes as indicacións e todo o que precisades para emular as comidas estrela que os socios levan ás saídas. E por suposto todos podedes enviar as vosas á dirección do blog ([email protected]) para que as publiquemos.
E xa para comezar, a primeira será a tarta de améndoa cortesía de Pablo, Noa e Seville.
INGREDIENTES: Para a tarteira de 30 cm de diámetro
– Recipiente / molde de aluminio onde vamos a meter a mestura.
– 10 ovos
– 1/2 Kg. de améndoa moída
– 1/2 Kg. de azucre
– 1 limón
– 2 culleradas de levadura
– Margarina
– Papel de repostería
– 2 tapóns de brandy/cogñac
PROCESO DE PREPARACIÓN:
Vamos a preparar toda a mestura nun bol.
Verter os ovos, mesturar co azucre e remexer ben a mestura.
Engadir a améndoa e volver a remexer a mestura.
Raiar o limón pero solo hasta chegar o branco, non engadir o branco do limón,
Solo o verde ou marelo. Mellor que estea un pouco verde.
Por ultimo engadimos á mestura o limón raiado , cogñac e a levadura.
Remexemos ben todo.
Impregnamos o recipiente ( de aluminio), de margarina e poñemos o papel por toda a parte interna do recipiente.
Vertemos a mestura no recipiente e metemos no forno a 200ºC , 45 minutos aproximadamente.
Nota: Tamén se pode facer na tarteira que sexa a metade desta utilizando a metade de tódolos ingredientes.

