Xa estamos en Setembro e aqui temos a primeira saída do curso, este domingo 8.
Faremos unha ruta circular ben preto de Santiago. Partiremos do Polígono do Tambre, na parte posterior do mesmo onde hai un merendeiro ó carón dunha Igrexa.
Faremos unha ruta circular duns 10 Km. Un paseo agradable e de dificultade baixa por camiños anchos e prácticamente sen costas. Atravesaremos distintas paisaxes como fragas do país e mesmo un anaco do camiño inglés. Teremos que ter precaución pois nun dos tramos do percorrido poderemos atopar gando (vacas e ovellas).
Como extra, e se alguén se anima, podemos achegarnos a un dos túneis do antigo percorrido a vía férrea Coruña-Santiago.
Organización da saída:
- Puntos de encontro:
- 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
- Comida:
- Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o Venres día 6 de Setembro.
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

Vou cos papagenos
Vamos Marta, Jordi y David.
Ganando: solo hay un trozo con vacas y ovejas al principio. durante de 1 km, es ademas el trozo que coincide con el asfalto… El resto de la ruta no tiene problema.
Ola, anotámonos a gran Muqui e mais eu. Saúdos. Susana.
ola! troula & family estamos argallando para acompañarvos
A familia humana de Trust, Brais, Begoña e Alfonso están cos preparativos para ir. Esperamos vernos alí
chego tarde, pero sí me deixades vou con chisca
Quero dicir qué chego tarde a anotarme, non a camiñar! 😀
Perfecto! Vienes al punto de salida o al Corte Ingles?
Ok, no lei la segunda parte..
I think other site proprietors should take this site as an model – very clean and excellent style and design, not to mention the content. You’re an expert in this topic!