Xornadas discapacidades Concello de Santiago.

O concello de Santiago de Compostela e varias entidades que traballan en pro da normalización e a integración social das persoas con discapacidade organizan o próximo 9 de xuño unha xornada lúdica coa finalidade de promover a normalización da discapacidade na sociedade, garantir a igualdade de oportunidades e lograr a súa participación na sociedade.

Nesta xornada, todos e todas Ler máis

Saída Touro

Boas, tal como prometeramos aquí está a saída para o día 3 de Xuño.

Logo ter que cambiar o destino orixinal da saída finalmente iremos ata Touro onde faremos a ruta  circular dos tres ríos. En total serán uns 10 km que aproximadamente nos levarán 3 horas.

A ruta parte da área recreativa Santaia e é de  dificultade media. Ler máis

Geocaching…

20120425-135116.jpg

Geocaching, menuda palabra! Hoxe imos falar dunha actividade que podedes engadir ós paseos que dades cos vosos cans.
O geocaching non é máis que a versión modernizada da coñecida por todo o mundo Buscar o Tesouro. Coa chegada, hai uns anos, dos GPS persoais comezou esta nova actividade pero é agora coa popularización dos teléfonos intelixentes (smartphones) que integran GPS cando se está comezando a popularizar realmente.
Pero que demo é o geocaching? Pois ben, penso que a maneira máis sinxela de explicalo é poñendo un exemplo. Saio da casa co meu can e diríxome cara o monte, así facemos un pouco de exercicio (os dous). Como hoxe imos sen compañía busco no meu telefono se hai algún cache(o tesouro) preto. Localizo un nas inmediacións e Ler máis

Saída Tambre

Ola a todos, esta fin de semana teremos unha nova saída. De novo será preto de Santiago, en Sigüeiro onde pasearemos pola beira do río Tambre. Agardamos que esta nova saída sexa do agrado de tódolos socios.

A ruta é sinxela, plana e serán uns 7-8 km. Como moito levaranos  2 horas.

Está é a ruta que imos seguir:

Ler máis

Asemblea Xeral Extraordinaria.

Convocatoria de Asemblea Xeral Extraordinaria.
Data: Venres 13 de Abril de 2012
Hora: 19,30 horas en primeira convocatoria e ás 20,00 horas en segunda
Lugar: Cafetería Clea ( C/ Fernando III o Santo nº:20)

Orden do día:

1º Aprobación das novas cotas anuais de participación no Club.
* Socio Colaborador=15€

* Cotas de Mantemento:    >Persoa + can=36€
> 2 persoas + can ou 2 cans + 1 persoa= 45€
> Máis de 3 membros = 50 €
* Novos Socios: Implicará o pago de 20€ por test de carácter por cada can.
O test de carácter do 1º can está incluído no prezo da cota.

2º Actualización dos estatutos do Club co fin de facilitar o funcionamento do mesmo.

A Xunta Directiva

Ruta por Santiago

Ola a todos, logo dun tempo en parada técnica o próximo domingo 15 de Abril faremos unha saída polos arredores de Santiago. Desta vez faremos unha ruta circular con saida no merendeiro do Monte do Pedroso. Dende alí marcharemos cara o  río Sarela , pasaremos pola igrexa da Peregrina e regreos ó merendeiro do Pedroso pasando pola Granxa do Sexto.

A ruta será duns 10 Km aproximadamente e levaranos unhas 3 horas e media.

Organización da saída: Ler máis

Marcha – Concentración Herbón

Ola a todos, como xa sabedes, recentemente  un dos socios do club sufriu en primeira persoa iso que se coñece como “facer o animal”  pois alguén decidiu que matar a Alma, un can de familia,  podía resolver os seus problemas. Recordemos que Alma asistía a clases para ser educada e poder vivir en “paz” na sociedade humana. E non só iso,  Alma adoitaba a participar en programas de acompañamento para persoas con necesidades especiais.

Dende o club de cans de familia Só lles falta falar queremos  deixar claro que este tipo de comportamento non teñen razón de ser e que os autores deste tipo de accións deben ser castigados pola lei.

O club Só lles falta falar tamén desexa axudar a que a sociedade valore ós cans de familia Ler máis

Asamblea e eleccións

Ola a todos, como sabedes estamos no proceso de renovación da directiva logo dos diversos acontecementos do pasado ano. Nesta entrada do blog podedes informarvos das datas da Asamblea de Socios así como dos prazos para aqueles socios que desexen formar unha candidatura para optar ós postos directivos do club.

Agardamos unha alta participación logo do interese amosado polos socios estes primeiros meses de 2012, tanto á hora de ofrecer opcións como na asistencia á Asamblea de votación da nova directiva.

Unha aperta.

ASAMBLEA General Ordinaria y Extraordinaria de socios

En virtud del acuerdo adoptado por la Junta Directiva en sesión celebrada el día 24 de Febrero de 2012, se convoca Asamblea General Ordinaria y Extraordinaria de socios que se celebrará en Santiago de Compostela, en el Centro Empresarial sito en la calle Fernando III El Santo nº 32 bajo, el día 24 de Marzo de 2012, a las 10,00 horas en primera convocatoria y, en su caso, a las 10,30 horas en segunda convocatoria.

En la Asamblea General Ordinaria y Extraordinaria de socios se tratarán los asuntos que se indican en el siguiente ORDEN DEL DIA Ler máis