Ruta por Santiago

Ola a todos, logo dun tempo en parada técnica o próximo domingo 15 de Abril faremos unha saída polos arredores de Santiago. Desta vez faremos unha ruta circular con saida no merendeiro do Monte do Pedroso. Dende alí marcharemos cara o  río Sarela , pasaremos pola igrexa da Peregrina e regreos ó merendeiro do Pedroso pasando pola Granxa do Sexto.

A ruta será duns 10 Km aproximadamente e levaranos unhas 3 horas e media.

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10,30 no aparcamento de Galeras ó lado do campo de Fútbol de Santa Isabel.
    • 11:00 no merendeiro do Monte Pedroso ( donde están as  parrillas)
  • Comida:
    • Comeremos no merendeiro do Monte do Pedroso, donde quedarán os vehículos, cada quen que leve a súa comida.
  • Para participar na saida é  imprescindibleapuntarse no blog do Club.
    • Data límite: Hasta o Venres día 13 de Abril.

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

0 comentarios

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *