O próximo domingo 25 de Novembro achegarémonos á área de Betanzos onde percorreremos a ruta do Mendo. A continuación deixamos un enlace de Google maps da ruta. Agardámosvos a todos!
Só lles falta falar
Magosto`12
O próximo domingo 11 de Novembro chega como tódolos anos o Magosto do club Só lles falta falar. Este ano celebraremos o magosto no Concello do Pino. Máis concretamente na praia fluvial do río Mera, a uns 20 km de Santiago (Preto do aeroporto).Saída Costa da Egoa -Carral-
Xa temos programada a seguinte saída do club. O próximo domingo 14 de Outubro realizaremos a ruta circular da Costa da Egoa en Carral.
Estreamos chapas identificativas.
Saída aberta a Vedra
Ola a todos, Intentando combinar o lecer dos aficionados ao sendeirismo co das persoas que gustan de pasar os seus ratos de ocio cos seus cans e aproveitando as rutas de sendeirismo que o Concello de Vedra ten preparadas para que quen os visite poida coñecer e desfrutar do deste municipio o Concello de Vedra, en colaboración co noso club, organiza una ruta de sendeirismo o vindeiro domingo, 23 de setembro, polo fermoso roteiro de San Xoán da cova, a carón do río Ulla.
A saída será ás 10.00 do miradoiro de Gundián, na parroquia de ponte Ulla, ao pé da antiga ponte do ferrocarril (que é o logo turístico do concello). Transcurrirá ao longo do río ata a antiga ponte da N525, cruzará o núcleo de Ponte Ulla, para continuar polo muiño de Reboredo e seguir a carón do Ulla, pasando a área recreativa de Agronovo, a Casa museo da pesca e o Couto de Ximonde ata a área recreativa de Cubelas en San Pedro de Sarandón.
A actividade cos cans será coordinada por a nosa especialista en conduta Ler máis
Saída monte Meda
Ola a todos, logo do verán retomamos as actividades do club e que mellor maneira de facelo que cunha saída.
Desta volta iremos ata o monte Meda, será o domingo 16 de Setembro.
Xornadas de discapidade
Hola a todos, no medio da baixa actividade do verán deixámosvos fotos dunha das últimas actividades do club, a intervención nas xornadas de discapacidade. Por suposto tamén as podedes ver no flickr.
Un saúdo a todos.
Saída Carboeiro
Ola a todos, xa temos lista a próxima saída do club. Desta volta achegarémonos ata o concello de Silleda onde faremos a ruta que vai dende o mosteiro de Carboeiro ata a fervenza do río Toxa.
Como de costume cada un levará algo de comida para compartir. Non esquezades que hai que levar “un pouco” non a despensa completa!
A saída será o domingo 8 de Xullo, a ruta comeza no mosteiro e durante varios km iremos preto Ler máis
Colexios: Brion 2012
Como ven sendo habitual o club de cans de familia Só lles falta falar acode a distintos lugares para fomentar a integración dos nosos cans na sociedade así como para facer visible a achega positiva que os nosos cans poden reportar. Este pasado mes de maio acudimos ó Centro de Educación Primaria de Brión en colaboración co Centro de conducta animal María Sabell. Para todos aqueles socios que estean interesados en participar nestas actividades só tedes que poñervos en contacto ca directiva ([email protected]) para coñecer os pasos que tedes que seguir.
A continuación tedes algunhas fotos da visita, tamén as podedes ver na nosa conta de Flickr Ler máis
Saída Ecolóxica
O Concello de Vedra convoca para o sábado 16 de xuño unha xornada de concienciación ecolóxica chamada “Luvas verdes”, na que se pretende concienciar, limpar
e atopar e marcar vertedoiros incontrolados. O Concello daríanos luvas e bolsas de lixo para ir recollendo plásticos, botellas… que atopemos na nosa andaina
O club propón unha saída ese sábado polas terras de Vedra participando nesa xornada.
Fariamos unha ruta en San Xián de Sales, a 5 Km do “Corte Inglés” Serían dúas rutas circulares máis o enlace entre ámbalas dúas duns 500 metros. Cada unha das rutas son aproximadamente 5 Km; o tempo sobre hora e media (ao ir recollendo lixo e marcando puntos de vertidos podería alongarse). Teriamos dúas posibilidades dependendo do tempo que nos leva a 1ª ruta.
1ª posibilidade. Facer a 1ª ruta e quedar a comer no río a carón do muíño (inicio da 2ª ruta), e facela pola tarde.
2ª posibilidade. Facer todo dun tirón e voltar a comer no río.
Na 1ª ruta sería un paseo polo monte con zonas de eucaliptos, piñeiros e tamén monte autóctono. Non hai case auga.
Na 2ª sería un paseo pola beira do ría e monte. Creo que é unha ruta moi bonita con moitísima vexetación autóctona e algunha carballeira impresionante Hai unhas vistas espectaculares da cidade da cultura desde o aeródromo.
Nas dúas atopariamos prados onde os cans poderían correr e desfrutar.
Organización da saída:
- Puntos de encontro:
- 10:30 diante do Corte Inglés de Santiago.
- Comida:
- Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o Venres día 15 de Xuño.
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.


