Este Domingo 4 de Outubro desprazarémonos cara o Norte para visitar o Concello de Arteixo. Percorreremos a Senda do Río Sisalde en Barrañán e tamén poderemos disfrutar da praia do mesmo nome.
A comida será na Área recreativa 'Os Barreiros' na Parroquia de Monteagudo.
Organización da saída:
- Puntos de encontro:
- 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o Venres 2 de Outubro
____________________________________________
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.
16 Responses