Dende a delegación de Ourense chega unha nova proposta para pasar unha fin de semana cos nosos cans no mes de outubro.
As datas serian as da fin de semana do 14, 15 e 16 de outubro. O destino, os Sequeiros e o río Sil.
O plan para a fin de semana é chegar á casa rural o venres á tardiña, o sábado empregarémolo para facer a ruta de Os Sequeiros e o domingo achegarémonos ata os miradoiros do Sil.
Adicaremos o sábado a facer a ruta dos Sequeiros, esta é unha camiñata agradable e sinxela aínda que como é un pouco longa ( ó redor de 4 horas) será a única actividade programada do día. O domingo faremos unha saída tipo MoBo e para todos aqueles que non podan pasar a fin de semana completa e queiran unirse o domingo fíxase o punto de encontro en Parada de Sil. Logo xa todos xuntos dirixirémonos cara os Balcones de Madrid.
O aloxamento será na casa rural http://www.casadocomediante.es e no tocante ás comidas dicir que se encargará de organizar todo a delegación de Ourense agás o almorzo que cadaquén terá que levar o seu.
Como vedes está todo ben organizado agora só falta que vos apuntedes antes do día 2 de outubro para que dea tempo de reservar habitación e encargar comida para os asistentes. Como de costume todos os que queirades usar o servizo de furgonetas tedes que especificalo nos comentarios desta entrada cando vos apuntedes á saída.
Iremos ampliando información e fixando os detalles da loxística no momento que estean dispoñibles. Non esquezades que coma sempre podedes utilizar os comentarios desta entrada para preguntar todo o que queirades ou para que, se é preciso, expliquemos máis polo miúdo calquera aspecto da saída.
Xa para rematar deixámosvos a descrición da actividade do sábado.
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.
37 Responses