O próximo domingo 5 de maio volveremos a visitar a costa de Razo-Caión. Faremos unha ruta que terá unha lonxitude duns 9 Km aproximadamente. Os primeiros 4 km serán todos pola praia de Razo-Baldaio e o resto ata chegar a Caión será por sendeiros e pistas sempre pegadiños ó mar. Comeremos no merendeiro de Caión con vistas á praia.
Deixámosvos unhas fotos da anterior Saída ás praias de Razo e Caión para que vos animedes!!!
[gigya src="http://www.flickr.com/apps/slideshow/show.swf?v=71649" width="600" flashvars="offsite=true&lang=en-us&page_show_url=/photos/sollesfaltafalar/sets/72157626470394730/show/&page_show_back_url=/photos/sollesfaltafalar/sets/72157626470394730/&set_id=72157626470394730&jump_to=" allowFullScreen="true" ]Organización da saída:
- Puntos de encontro:
- 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
- 11:20 Aparcamento da praia de Razo.
- Comida:
- Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o Venres día 3 de Maio.
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.
16 Responses