O próximo domingo 2 de febreiro daremos unha volta pola contorna de Santiago.
Para comenzar a ruta deixaremolos coches nas inmediacións do estadio multiusos de San Lázaro. A marcha será ó redor do Rego de Aríns, camiñaremos aproximadamente uns 10 km por camiños case sen asfaltar e cruzaremos áreas de bosque autóctono.
Para que vaiades abrindo apetito deixámovos unha aproximación á ruta que faremos o domingo.
Organización da saída:
- Puntos de encontro:
- 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
- Comida:
- Pulpo na pulperia de San Lazaro O Tangueiro.
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o Venres día 31 de Xaneiro.
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.
27 Responses