Xa vos podedes apuntar á saída deste domingo 16 de Febreiro.
A ruta comeza na antiga estación de tren de Berdía.
Como de costume a ruta é duns 10 Km e como saímos da estación os primeiros serán pola propia vía do tren para logo baixar cara o río Tambre.
Parte desta ruta coincide con outra que fixemos por detrás do polígono do Tambre. Para xantar temos a 2 km do inicio da ruta a área recreativa de Nemenzo.
Organización da saída:
- Puntos de encontro:
- 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
- Comida:
- Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o Venres día 14 de Febreiro.
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.
24 Responses