Saída aberta a Vedra

Ola a todos, Intentando combinar o lecer dos aficionados ao sendeirismo co das persoas que gustan de pasar os seus ratos de ocio cos seus cans e aproveitando as rutas de sendeirismo que o Concello de Vedra ten preparadas para que quen os visite poida coñecer e desfrutar do deste municipio o Concello de Vedra, en colaboración co noso club, organiza una ruta de sendeirismo o vindeiro domingo, 23 de setembro, polo fermoso roteiro de San Xoán da cova, a carón do río Ulla.
A saída será ás 10.00 do miradoiro de Gundián, na parroquia de ponte Ulla, ao pé da antiga ponte do ferrocarril (que é o logo turístico do concello). Transcurrirá ao longo do río ata a antiga ponte da N525, cruzará o núcleo de Ponte Ulla, para continuar polo muiño de Reboredo e seguir a carón do Ulla, pasando a área recreativa de Agronovo, a Casa museo da pesca e o Couto de Ximonde ata a área recreativa de Cubelas en San Pedro de Sarandón.
A actividade cos cans será coordinada por a nosa especialista en conduta animal,  As persoas interesadas en participar cos seus cans (non membros do do club) necesitan facer unha inscrición previa no concello onde recibirán unha serie de pautas para facilitar a organización da actividade. Esta inscrición pode facerse no teléfono 981814691 ou directamente nas oficinas municipais.
As persoas que participen sen cans, non precisan inscribirse, aínda que se recomenda para unha mellor organización da ruta.

Coma sempre, cada quen levará un pouco de comida para o xantar.

Aviso para os socios!

  • Aínda que non hai que apuntarse no concello pregámosvos que si o fagades coma sempre usando os comentarios desta entrada para levar conta da xente que asiste.
  • Coidado cos horarios que non son os habituais!
  • Saída dende Santiago, ás 9:00 diante do Hipercor.

13 Responses

  1. David
    David, Marta y Jordy vamos...
  2. pablofreire
    Pablo , Noa e Seville tamén se apuntan á andaina.
  3. María , Anxo,Manolo, Linda, Tina e Pinto
    Imos todos nós. Creo que é unha cita importante e hai que facer un esforzo por acudir e tamén por levar xente. Hai que demostrar que "outro modelo de convivencia é posible" Pode ser un escaparate para facilitar as vindeiras iniciativas a nivel político. Saúde e saúdos.
  4. Anónimo
    Shaggy y María José irán si no surge nada en contra. Saldré al corte inglés
  5. Anónimo
    son maria irei con manuel , carlos ,maria e todolos cans
  6. Rocko
    Iremos Rocko, el primo Kenzo, la Sra. Lourdes y el Sr. Daniel. Salimos al Hipercor
  7. Cris
    Cris e Quique e primeira saída con Fermín.
  8. Uxía
    Hola, chamei estes días ao teléfono en cuentión pero non tiven resposta. ¿En que hoario debería chamar para pedir información e inscribirnos?
    • maria e manolo
      OLA UXIA. PASATE MAÑÁ AS 11.00 POLO PAXONAL, A CARÓN DO RÍO; ALÍ ESTAREMOS E XA TE ANOTAMOS
      • maria e manolo
        AH. VEN CO CAN
  9. Uxía
    Non nos é posible ir ata alí mañá. Queremos ir dúas persoas e dous cans. Se me dicides unha hora para falar por teléfono e informarnos de como funciona a actividade sería perfecto. Moitas gracias!
    • maria e manolo
      Fala con Pablo, este e o seu numero de telefono 683 602 020.
  10. Anónimo
    Leíto Petrita y Katia también vamos!! Salimos a Hipercor!!

Deixa una resposta a Cris

*