Esta semana comeza cunha boa nova, o próximo domingo día 2 organizamos unha nova saída do Club de cans de familia Só lles falta falar!
O destino deste fin de semana será Boqueixón, ben preto de Santiago así que agardamos que todo o mundo se apunte que é un lugar bastante céntrico para os socios que temos repartidos por toda Galicia.
Sen máis aquí vai a información da ruta:
O punto de partida desta ruta circular de aproximadamente 10 Km será o merendeiro en Subcira (ó lado do Ulla). Durante o paseo poderemos ver as pontes sobre o río Ulla e algunha que outra fervenza.
Agardámosvos a todos en esta agradable saída.
Organización da saída:
- Puntos de encontro:
- 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
- Comida:
- Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o Venres día 31 de Maio.
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.
11 Responses