Despois desta Semana Santa, comezamos a tempada Primavera/Verán con unha nova saída, Domingo 27 de Abril.
Será a dos 3 ríos no Concello de Touro. Faremos unha ruta circular por parte da ruta oficial dos 3 ríos.
Podes comprobar a ruta no seguinte enlace : http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=2886192
Por se tes algunha ruta preparada e queres sumarte, no web do Wikiloc , o Club ten subidas unhas 45 saídas co seu percorrido, coordeadas, etc...
Organización da saída:
- Puntos de encontro:
- 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
- Comida:
- Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o Venres día 25 de Abril.
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.
12 Responses