O próximo domingo 8 de Decembro . Desta volta iremos a Trazo.
Esta será unha ruta circular duns 11km. A ruta comezarémola preto da aldea de Oa. A diferencia do plan habitual esta vez iremos a comer todos xuntos un churrasco á taberna de Pablo ( O dono de katusha) en Sigüeiro.
A ruta comeza coa baixada cara o río Tambre, pasando por antigos muíños no río Choia. Chegaremos ata a sua unión co río Tambre e de alí pasearemos pola beira do Tambre ata volver subir ó punto de inicio. A ruta ten dificultade media, calculamos que o desnivel é preto duns 400m. Pódela ver na páxina de Wikiloc (Oa proba SLFF)
Organización da saída:
- Puntos de encontro:
- 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
- Comida:
- Como nesta saída comeremos de prato haberá que apuntarse ó máis tardar o Venres 6.
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o Venres día 6 de De cembro.
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.
11 Responses