Magosto`12

O próximo domingo 11 de Novembro chega como tódolos anos o Magosto do club Só lles falta falar. Este ano celebraremos o magosto no Concello do Pino. Máis concretamente na praia fluvial do río Mera, a uns 20 km de Santiago (Preto do aeroporto).
Na praia hai mesas e grellas para facer churrasco e por suposto as castañas!
Na contorna hai dúas rutas, unha ruta botánica duns 4 km e outra duns 5-6 km. A idea é que cada quen elixa se quere facer as dúas rutas ou só unha delas. Aqueles que só se animen ca pequena poden botar unha man a preparar as cousas para o xantar así todos terán algo que facer e non estar a esperar a que os outros volvan da ruta.

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Corte Inglés de Santiago.
  • Servizo de furgoneta:
    • Hai dispoñibles 8 prazas, apuntádevos nos comentarios.
  • Comida:
    • Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres día 9 de Novembro.

 O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

17 Responses

  1. David
    Necesitamos voluntarios para grellar! Y saber cuantos somos para comprar castañas.. Y si queremos facer churrasco. comentadlo aqui..
  2. pablofreire
    Eu apùntome ás castañas e tamén ó churrasco. E tamén postos a parrilleiro.
  3. Anónimo
    Greta y Marisa nos apuntamos al churrasco y las castañas, vamos directamente a O Pino. Llevemos comida, comemos churrasco, o las dos cosas?
  4. Rosa (Lupa)
    Eu apúntome ás castañas e a traballar na grella (ainda que non sei o que hai que facer). E Lupa e máis eu apuntámonos á fregoneta.
  5. Cris
    Quique, Cris e Fermín apuntámonos á churrascada e castañas tamén. Secundo a pregunta de Marisa, que fai falta que levemos?
    • Anónimo
      Os que queiran churrasco,castañas ou as dúas cousas que o vaian dicindo. O venres cerramos as inscripcións e según os que sexamos collerei o sábado o material e repartimos os gastos.
      • pablofreire
        por certo, son pablo ,( estaba "sing out")
  6. Anónimo
    Simba e Roberto apúntanse con material "diabólico" para Marta de Jordi...
    • David
      Propongo, que hacemos churrasco y castañas para todos. Compramos nosotros. Los demas pueden traer un POCO de ensalada.. Rezamos que acompaña un poco el tiempo. Si hay sitio vamos en furgoneta..
  7. Anónimo
    son maria ,irei con manuel e cans
  8. Roberto
    Roberto pode levar unhas leituguiñas...
  9. Anónimo
    son maria levarei algo para as leituguiñas de roberto
  10. Son Lourdes e como vexo que todos vos ofrecedes eu tamén, así que contade con nos para comer o churrasco a leituga e as castañas e si Maria leva o cesto tamén as setas.
  11. maria e manolo
    Pinto di que quere ir, así que imos todos (Pinto, Linda,Tina Anxo María e Manolo) Levamos queixo e marmelo.
  12. David
    Hola a todos, me encargo yo hoy comprar churrasco y castañas para los 12 que somos. Pablo en principio no puede venir. Tampoco tenemos furgoneta, asi que nos tenemos que arreglar con nuestros coches. Nos vemos a las 10.00 en el corte Ingles. Para los que van directo: Comemos en la playa fluvial del Rio Mera / Tambre. Desde Santiago: autopista aeropuerto, despues Nacional 634 a Oviedo / y cerca de Tarroeira desviarse a la izquierda hacia Rabal (hay un bar en la esquina.) Desde Santiago son unos 20 km. Es muy cerca. LLevamos la lona para cubrir en caso de lluvias, pero parece que vamos a tener suerte...
    • Daniel
      Ha contado bien, Sr. Presidente? David, Marta, Marisa,Rosa, Quique, Cris, Roberto, María, Manuel, Lourdes, Daniel, Anxo, María e Manolo.A pesar de la crisis son más de 12. Hasta mañana pues
  13. Thanks for your current important information.

Deixa una resposta a David

*