Este Domingo 23 de Agosto, desprazarémonos ao norte, concretamente ó Concello de Ponteceso.
A ruta será pola chamada Enseada da Ínsua, desenbocadura do Río Anllóns, praia de Balarés e Mirador do Monte Branco.
Será ruta MOBO (mochila/bocadillo), e duns 10,5km de distancia. Non poderemos acceder ás praias de Balarés nen á da Enseada pero temos unha cala donde nos podermos bañar cans e humanos e teremos unhas magníficas vistas ó mar e á Enseada.
Os que vaiades directos para o inicio da ruta mencionádeo no blog.
Organización da saída:
- Puntos de encontro:
- 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
- 11:30 no comezo da ruta non malecón do estuario, ó lado da ponte da ría en Ponteceso.
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o Venres 21 de Agosto
____________________________________________
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.
14 Responses