Ola a todos, xa temos lista unha nova saída. Desta vez imos ir visitar un foxo do lobo en Carballedo, Cotobade. Como esta saída é un pouco lonxe imos a adiantar un pouco a saída, quedamoscomo é costume na porta do Hipercor de Santiago pero desta vez ás 10:30. A saída será de tipo MoBo así que todo o mundo a levar cadansúa comida.
- A data da saída é o domingo 6 de Novembro.
- Organización:
- Como é unha saída MoBo cada quen ten que levar comida e bebida ó lombo pois comeremos durante a ruta.
- Recomendase levar calzado de monte.
- Os que queiran usar o servizo de furgonetas teñen que apuntarse nos comentarios antes do xoves 3 de novembro.
Para que vos fagades unha idea deixamos a ruta que imos facer para que lle votedes un ollo.
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.
22 Responses