Saída Costa da Egoa -Carral-

Xa temos programada a seguinte saída do club. O próximo domingo 14 de Outubro realizaremos a ruta circular da Costa da Egoa en  Carral.

 

Esta é unha ruta circular de aproximadamente 8 km. A dificultade é baixa así que animádevos! Esta ruta está marcada cunha duración aproximada de 3h, como vedes é accesible para todo o mundo e máis que recomendable para os socios da Coruña pois quédalles a un paso da casa!.

 

Na ruta pasaremos por unha zona de muíños impresionante, ademais hai tres alternativas para facer a ruta así que se alguén xa a Ler máis

Saída monte Meda

Ola a todos, logo do verán retomamos as actividades do club e que mellor maneira de facelo que cunha saída.

Desta volta iremos ata o monte Meda, será o domingo 16 de Setembro.

A ruta será circular con saída e chegada ó convento de Herbón.
A comida poderémola facer no propio convento. Cada quen que leve o que queira xa que a comida quedará nos coches e so teremos que cargar con algunha botella de auga.
A dificultade é media  cunha lonxitude aproximada de 8 Km e un desnivel de 210 m.
Haberá furgoneta para os 7 primeiros humanos que queiran facer uso dela.  e tamén o que queira pode ir Ler máis

Saída Carboeiro

Ola a todos, xa temos lista a próxima saída do club. Desta volta achegarémonos ata o concello de Silleda onde faremos a ruta que vai dende o mosteiro de Carboeiro ata a fervenza do río Toxa.

Como de costume cada un levará algo de comida para compartir. Non esquezades que hai que levar “un pouco”  non a despensa completa!

A saída será o domingo 8 de Xullo, a ruta comeza no mosteiro e durante varios km iremos preto Ler máis

Saída Ecolóxica

O Concello de Vedra convoca para o sábado 16 de xuño unha xornada de concienciación ecolóxica chamada “Luvas verdes”, na que se pretende concienciar, limpar e atopar e marcar vertedoiros incontrolados. O Concello daríanos luvas e bolsas de lixo para ir recollendo plásticos, botellas… que atopemos na nosa andaina
O club propón unha saída ese sábado polas terras de Vedra participando nesa xornada.
Fariamos unha ruta en San Xián de Sales, a 5 Km do “Corte Inglés” Serían dúas rutas circulares máis o enlace entre ámbalas dúas duns 500 metros. Cada unha das rutas son aproximadamente 5 Km; o tempo sobre hora e media (ao ir recollendo lixo e marcando puntos de vertidos podería alongarse). Teriamos dúas posibilidades dependendo do tempo que nos leva a 1ª ruta.


1ª posibilidade. Facer a 1ª ruta e quedar a comer no río a carón do muíño (inicio da 2ª ruta), e facela pola tarde.
2ª posibilidade. Facer todo dun tirón e voltar a comer no río.


Na 1ª ruta sería un paseo polo monte con zonas de eucaliptos, piñeiros e tamén monte autóctono. Non hai case auga.
Na 2ª sería un paseo pola beira do ría e monte. Creo que é unha ruta moi bonita con moitísima vexetación autóctona e algunha carballeira impresionante Hai unhas vistas espectaculares da cidade da cultura desde o aeródromo.

Nas dúas atopariamos prados onde os cans poderían correr e desfrutar.

 

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:30 diante do Corte Inglés de Santiago.
  • Comida:
    • Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres día 15 de Xuño.

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

Saída Touro

Boas, tal como prometeramos aquí está a saída para o día 3 de Xuño.

Logo ter que cambiar o destino orixinal da saída finalmente iremos ata Touro onde faremos a ruta  circular dos tres ríos. En total serán uns 10 km que aproximadamente nos levarán 3 horas.

A ruta parte da área recreativa Santaia e é de  dificultade media. Ler máis

Geocaching…

20120425-135116.jpg

Geocaching, menuda palabra! Hoxe imos falar dunha actividade que podedes engadir ós paseos que dades cos vosos cans.
O geocaching non é máis que a versión modernizada da coñecida por todo o mundo Buscar o Tesouro. Coa chegada, hai uns anos, dos GPS persoais comezou esta nova actividade pero é agora coa popularización dos teléfonos intelixentes (smartphones) que integran GPS cando se está comezando a popularizar realmente.
Pero que demo é o geocaching? Pois ben, penso que a maneira máis sinxela de explicalo é poñendo un exemplo. Saio da casa co meu can e diríxome cara o monte, así facemos un pouco de exercicio (os dous). Como hoxe imos sen compañía busco no meu telefono se hai algún cache(o tesouro) preto. Localizo un nas inmediacións e Ler máis

Ruta por Santiago

Ola a todos, logo dun tempo en parada técnica o próximo domingo 15 de Abril faremos unha saída polos arredores de Santiago. Desta vez faremos unha ruta circular con saida no merendeiro do Monte do Pedroso. Dende alí marcharemos cara o  río Sarela , pasaremos pola igrexa da Peregrina e regreos ó merendeiro do Pedroso pasando pola Granxa do Sexto.

A ruta será duns 10 Km aproximadamente e levaranos unhas 3 horas e media.

Organización da saída: Ler máis

Magosto 2011

20111119-214113.jpgXa chegou o frío e como non, temos unha nova edición do Magosto do club. Como as cousas hai que facelas ben pensamos que o mellor lugar para celebrar o magosto é a terra das boas castañas, é dicir, Ourense. A isto hai que sumarlle o bo facer da delegación de Ourense que se están a converter nuns perfectos anfitrións, por todo isto o magosto repetirá a ubicación do ano pasado.

O lugar de celebración será a area recreativa de Boutureira, a data o domingo 27 de Novembro.

Durante o día, ademais de comer castañas, poderemos facer unha sinxela ruta polos arredores da área recreativa. Será unha ruta  Ler máis

Saída Sequeiros-Sil

Dende a delegación de Ourense chega unha nova proposta para pasar unha fin de semana cos nosos cans no mes de outubro.

As datas serian as da fin de semana do 14, 15 e 16 de outubro. O destino, os Sequeiros e o río Sil.

O plan para a fin de semana é chegar á casa rural o venres á tardiña, o sábado empregarémolo para facer a ruta de Os Sequeiros e o domingo achegarémonos ata os miradoiros do Sil.

mapa da rota

Adicaremos o sábado a facer a ruta dos Sequeiros Ler máis