Nerd Nite 14 marzo 2017

O martes 14 de marzo, a nosa especialista en conduta animal, María Sabell Sierra, será a encargada de inagurar a Nerd Nite de marzo con un tema moi interesante que leva por título : “Por que o home atopou ao can?”

A cita será ás 21:30 no CGAC ( Centro Galego de Arte Contemporánea).

En cada NerdNite falarán tres NERDS ou NERDINES (elixidos con paixón) sobre o seu traballo/pasatempo/tolemia/capricho ou pensamentos inconfesables, en charlas de aproximadamente 15/25 min. Logo haberá tempo para preguntas, para charlar e, por suposto, para tomar unha(s) copa(s)…

cartel_marzo_2017_formatoimaxe

Podedes atopar máis información sobre estos eventos en:

https://santiagodecompostela.nerdnite.com/

https://www.facebook.com/NerdNiteSCQ/

nerd-nite-cartel-14-marzo-2017

Charlas Tenza Responsable

Seguindo cas actividades dentro da Concellería de Mocidade. Aquí vos deixo as seguintes visitas nas que falaremos de todo o relacionado cos cans:

charlas-sobre-tenza-responsable-nos-centros-socioculturais

Mércores 14 de decembro ás 18:45 hrs

CSC Agustín Bueno de O Castiñeiriño

981542459

[email protected]

Rúa da Virxe de Fátima, 2, 15702 Santiago de Compostela, A Coruña

___________________

Xoves 29 de decembro ás 19:30 hrs

CSC José Saramago – Vite

Enderezo: Rúa de Carlos Maside, 7, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña
Teléfono:981 54 24 90
___________
Tódolos que queirades asistir, podédevos poñer en contacto cos centros.

 

Aquí vos deixamos o programa de V televisión, ‘Informe en V’, donde se fai unha viaxe polos distintos traballos que poden desenvolver os cans.

Cans de búsqueda (rastrexo), de soporte terapeútico-físico e de asistencia ademais de detectores de enfermidades, son algunhas das enormes capacidades que teñen os cans.

Só lles falta falar aparece no terceiro apartado de 4 que ten o programa e donde María Sabell explica as características que ten que ter un can que se vai adicar á defensa dunha persoa con risco de agresión (violencia de xénero) e os socios do Club fan un percorrido polas distintas tarefas que desenvoven os seus cans.

Enlace : http://www.vtelevision.es/informativos/informeenv/2016/01/15/0031_4706574288001.htm

 

entrevista V televesión

Desensibilización cos nenos de Aspanaes

Nesta ocasión, mostramos unha actividade de colaboración de Só lles falta falar cos nenos do centro de Aspanaes (Asociación de pais de persoas con trastorno do espectro autista).

Para facilitar unha mellor calidade de vida destes nenos e dos seus familiares no día a día, membros de Só lles falta falar cos seus cans participan en xornadas de desensibilización cos nenos autistas para que estes lle perdan o medo aos cans.

Se estás interesado en participar nestas actividades ponte en contacto con : [email protected]

Poboado Mineiro do Fontao

Este Domingo 26 de Outubro e seguindo ca integración dos cans na sociedade, estaremos acompañando a Espazos sonoros (http://www.espazossonoros.org/) nun día composto por visita guiada e concerto. O plan é o seguinte:

Lugar: Poboado mineiro do Fontao-Vila de Cruces-Pontevedra

11:00 hrs : Visita guiada polo poboado do Fontao donde nos explicarán todo o que xurdeu en torno ó seu entorno e industria mineira

12:30hrs : Concerto de Xoán Curiel

Poboado mineiro do Fontao

 

 

Ruta polo Monte Pedroso

Este Domingo 28 de Setembro arrancámonos á explorar un pouco máis os sendeiros do Monte Pedroso en Santiago de Compostela. Xa rematando a ruta, adentrarémonos na urbe para comer na Finca Simeón en Vista Alegre.

Finca Simeón_Vista Alegre

Distancia: 7 km aprox.

Dificultade: fácil

Novas Aulas de Educación

A continuación, presentámos as novas Aulas de educación caninas que terán lugar en Lugo e A Coruña:

Aula de Lugo                                                          

Flyer Aula Lugo

Lugar: Campus universitario                                           

Días: Martes / Hora: 19:00 hrs.                                       

 

 

 

Aula da Coruña

Flyer Aulas Coruña

Lugar: Parque de Bens

Días: Sábados / Hora: 18:00 hrs.      

 

Ademáis destas aulas, o Centro de Conducta Animal segue impartindo os Luns, Xoves e Sábados en Santiago e Mércores en Ourense.

Contacto: [email protected]                                       

 

 

 

Monte Segade_Río Mera

O próximo Domingo 27 de Xullo irémonos para Lugo, concrétamente para recorrer as beiras do río Mera e Monte Segade en Lugo.

A ruta será fresca e cortiña, sobre uns 7km de dificultade baixa.

 

Punto de encontro ruta Rio Mera

 

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
    • Para os que saian directamente, verémonos polas 11:30hrs no punto sinalado no mapa. Carretera N-640 que sae de Lugo hacia santiago despois de cruzar o Río Miño.
  • Comida:
    • Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres día 25 de xullo.

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

Ruta “Monte Santiaguiño”

O próximo Domingo 13 de Xullo percorreremos os entornos de Padrón polo Monte Santiaguiño en Extramundi-Padrón.

Será unha ruta circular duns 10Km aprox. e de dificultade media-baixa .Comeremos na área recreativa Santiaguiño do Monte.

Área recreativa Santiaguiño do Monte_Padrón

 

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Comida:
    • Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres día 11 de Xullo.

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.