Carreira “5 Km solidarios”

O próximo domingo 18 de novembro terá lugar unha carreira solidaria ca que poderás participar co teu can de familia.

A recadación íntegra será destinada ao banco de alimentos Rias Altas.

data: domingo 18 de novembro

lugar: Polígono de A Grela – A Coruña

Hora: 11:00 hrs.

Inscripción en : https://www.deporticket.com/tcs-detalle-evento/evento/3607-iv-carrera-benefica-5km-solidarios

Carreira solidaria

Orzamentos Participativos 2019 Santiago

Un ano máis presentamos a proposta no apartado das actividades de mocidade para os orzamentos participativos do Concello de Santiago para o 2019.
Prestentamos esta proposta para poder seguir difundindo a educación e a tenza responsable dos cans. A parte diso, tamén conseguir unha financiación que nos axuda a poder continuar cas actividades estables de soporte terapéutico e visitas escolares que desenrola o Club.
Temos que pasar a primeira fase e para eso necesitamos o teu apoio. Hai dúas formas:
1 – Inscribíndose na plataforma e dando o apoio á nosa proposta (abaixo enlace de compostela decide)
2 –  Enchendo o formulario de inscripción e o listado de apoios que adxunto.
Os papeis cubertos pódesnolos enviar ao Club ou envialos ti por correo a: [email protected]
Na segunda fase só se poderá votar dende a plataforma web e presencialmente nos actos que hai preparados.
Información para votar:
– Estar empadroado en Santiago ou cursando estudos en Santiago. Se non estás empadroado e si que estás estudando en Santiago, hai que adxuntar unha copia da matrícula.
– Idade máxima 35 anos.
– data límite: 27 xullo

Nova páxina web e tríptico

XA TEMOS NOVA WEB!!

Só lles falta falar da a Benvida á nova páxina web. Para acceder a ela tes que teclear a seguinte dirección no teu navegador: www.cans.gal

A páxina é bastante sinxela e intuitiva, nela poderás encontrar os seguintes contidos:

  • Unha explicación do que é o Club e das actividades que realizamos: historia, obxetivos, roteiros, soporte terapéutico, cans rastrexadores,…
  • Enlaces ás nosas redes sociais e ao blog do Club
  • Descargar o formulario de inscripción
  • Acceso a unha galería de fotos e aos videos que temos publicados na nosa canle de Youtube.
  • Cans Aquí Sí : Seguimos traballando no listado dos lugares que admiten cans, é dicir, que teñen un distintivo no local que así o acredite e ainda que a día de hoxe hai poucos, coa axuda de todos iremos aumentando esta lista.

Portada páxina web

Á parte da web acabamos de imprimir un novo tríptico informativo no que tamén podes ver un pouco de todo que que Só lles falta falar fai, pódelo descargar no seguinte enlace:

00Tríptico Só lles falta falar

Dar as grazas aos nosos socios : Iria, Eliseu, Xiana, María e Jorge pola axuda que prestaron para a configuración do tríptico e a páxina web.

Seguimos traballando e demostrando que:

Outro modelo de convivencia é posible !!

Nerd Nite

O próximo mércores terá lugar outra das conferencias da Nerd Nite.Como é habitual, 3 conferenciantes expoñerán os seus temas do máis didáctico e variado.

Nesta ocasión, e como primeira conferenciante, María Sabell, Especialista en Conducta Animal, falaranos do que aos de Só lles falta falar máis nos importa, os cans, nunha charla que leva por título : ” Como atopou o can ao home? ”

Data: mércores, 7 de febreiro

Lugar : Cafetería do Auditorio de Galicia (Avda. do Burgo das Nacións, S/N)

Hora: 21:00 hrs

Nerd Nite 7 febreiro

Se queredes saber máis sobre a Nerd Nite podedes entrar na seguintes direccións web:

What is Nerd Nite?

https://santiagodecompostela.nerdnite.com/

nerdnite – 7-02-2018

Entrevista Tvg sobre a nova Lei de Protección Animal

Como comentabamos o pasado 8 de xaneiro, onte, 11 de xaneiro de 2018, entrou en vigor a nova lei de protección e benestar animal dos animais de compañía en Galicia.

Para falar de diversos aspectos desta lei, foi invitada aos informativos da mañá da TVG (Bos dias) María Sabell, Especialista en Conducta Animal.

No seguinte enlace podedes ver a entrevista completa:

http://www.crtvg.es/informativos/maria-fabell-especialista-en-conduta-animal-3605259

 

Entrevista María Sabell

Por se non o virades, deixámosvos aquí abaixo o enlace para descargar a nova lei:

Lei 4_2017 de 3 outubro de protección e benestar animal dos animais de compañía en Galicia

 

 

 

Ruta Val do Dubra_Fervenza do Rexedoiro

O próximo domingo 14 de xaneiro e despois das vacacións de Nadal, comezamos este 2018 cas nosas habituais saídas polo monte.Iremos ao Val do Dubra facer a ruta de Devesa de Gontar e a Fervenza do Rexedoiro.

Fervenza do Rexedioro_Val do Dubra

Como comentamos no mail, no caso de que o venres haxa neve en Forcarei, avisaremos nos comentarios desta saída e en vez de ir ao Val do Dubra iremos á Serra de Candás.

No seguinte enlace poderás ver máis información sobre o recorrido:

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-slff-val-do-dubra-8319397

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Hipercor de Santiago – porta principal
  • Hora de saída:
    • Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 12 de xaneiro.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información na web do club.

 

 

Nova Lei de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia.

O vindeiro xoves 11 de xaneiro entra en vigor a nova ley 4/2017 de 3 de outubro que regula a protección e benestar dos animais de compañía en Galicia.

Esta Lei deroga a anterior Lei 1/1993 de 13 de abril.

Previamente, o 18 de marzo do 2016 publicouse o anteproxecto desta lei á que Só lles falta falar presentou as alegacións que considerou oportunas (adxuntamos docoumento de alegacións). Non nos fixeron moito caso, ou case ningún, pero era a nosa obriga dar o noso punto de vista.

A continuación poderás descargar os documentos da nova lei, do anteproxecto e das alegacións feitas ao mesmo.

  • Nova lei de protección: adxuntámola suliñando as novedades máis importantes, traballo que agradecemos ao noso departaménto xurídico ‘Matovelle abogados’.

Lei 4_2017 de 3 outubro de protección e benestar animal dos animais de compañía en Galicia

  • Anteproxecto de lei:

Anteproxecto de lei de protección e benestar dos animais de compañia en Galicia

  • Alegacións presentadas ao anteproxecto por parte de Só lles falta falar:

Alegacións ó Anteproxecto de Lei de Protección e Benestar dos Animais de Compañía en Galicia

________

Poderiamos enumerar moitas cousas cas que non estamos de acordo con esta lei e outras nas que sí, pero cremos que é necesaria a lectura desta lei por todos os que posuides animais aos que lles afecta a mesma e en concreto aos que posuides cans. Así sacaredes as vosas conclusións e estaredes máis ao tanto da normativa vixente.Calqueira dúbida que se teña, podedes escribir a [email protected] e intentaremos respondérvola.

 

Aulas de Educación e Charlas en Parques

Neste último trimestre do 2017 e dentro das actividades dos Orzamentos Participativos deste ano, ‘Só lles falta falar’ comeza coas súas actividades.

Aulas de Eduación Canina:

Tódolos martes ás 17:00 teremos Aulas de Eduación Canina no Parque Eugenio Granell (Paxonal-ao lado do río) para os veciños de Santiago de forma gratuita.Faranse 4 edicións de 4 aulas cada unha donde poderás asistir co teu can e tamén os membros da familia que desexes.Inscríbete en [email protected]

Charlas en Parques:

Aparte das aulas, tódolos venres (excepto o 8 de decembro) ás 20:00hrs impartiranse unhas charlas informativas en diversos parques de Santiago, non fai falla inscripción, só asisitir.A finalidade de todo isto é seguir formando aos propietarios de cans e na promoción dunha tenza responsable para alcanzar unha boa convivencia entre todos.

As charlas terán os seguintes contidos:

  • Manexo e comprensión dos cans
  • Como evitar conflitos e como actuar se se da o caso
  • Como introducir un can no grupo
  • Resolución de tódalas dúbidas e preguntas dos asistentes

 

Charlas parques_datasAulas Educación canina_datas

 

Actividades Concello de Santiago 2017

Arrancan as actividades dos Orzamentos participativos do 2017.

A finalidade destas actividades serán a de promocionar a educación dos cans, aprender unha tenza responsable e axudar a tódalas persoas propietarias de cans para que, entre todos, poidamos conseguir unha total integración dos cans na sociedade.

Impartiranse aulas de educación tódolos martes no Parque do Paxonal, realizaranse visitas escolares para concienciar aos máis pequenos do o manexo dos cans e do problema do abandono e tamén charlas en parques de toda a cidade donde poderemos resolver dúbidas sobre o manexo que nos encontramos diariamente cando saímos á rúa.

No seguinte enlace terás máis contidos e información sobre as datas:

http://santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?lg=gal&id_nova=16542

Inscricións no Centro Sociocultural do Ensanche ou en [email protected].

20160908_125632

Orzamentos Participativos 2018

O Concello de Santiago abreu o prazo de voto dos Orzamentos Participativos de Mocidade para o 2018.

Como no 2016 e neste 2017 ‘Só lles falta falar’ presenta a súa proposta que consiste no seguinte:

  • Aulas de educación canina
  • Charlas e ponencias sobre tenza responsable, normativa e coidados veterinarios
  • Visitas aos centros escolares

Por isto pedimos o teu apoio para ser uns dos escollidos e seguir realizando estas actividades no 2018. Sólo necesitas de 5′ para rexistrarte e votar.

Os requisitos para votar as propostas de mocidade son os seguintes:

  • Estar enpadroado en Santiago de Compostela ou 
    estudar en Santiago, en Instituto ou na Universidade.
  • Ter entre 16 e 35 anos

Como se fai? :

  • Entra en decide.santiagodecompostela.gal
  • Rexístrate. Se xa estabas rexistrado do ano pasado, entra o teu nome de usuario e contrasinal. Se non o recordas os datos envía un correo a [email protected] co teu nome e dni e eles enviaranche o teu nome de usuario para que poidas crear un contrasinal novo.
  • Entra na proposta que desexes apoiar e pincha en “apoiar proposta”

O prazo para dar o apoio remata o luns 31 de xullo ás 23:59

O.P 2018 rexistro

Grazas ao teu apoio poderemos seguir demostrando que:

‘Outro modelo de convivencia é posible’

O.P. 2018

Neste enlace poderás ler a proposta completa:

Contidos proposta Orzamentos Participativos 2018